OLA!. XA ESTAMOS EN 6º!



AS NOSAS MASCOTAS ZOE, BALSI E SALTARÍN DEIXARÁN AQUÍ MOITAS MENSAXES. PODEREMOS VER MOITAS DAS NOSAS ACTIVIDADES DO COLEXIO . TAMÉN VISITAREMOS PÁXINAS MOI INTERESANTES, FOTOS E POÑEREMOS XOGOS PARA PRACTICAR.

-------------------

martes, 15 de diciembre de 2015

E QUE SERÁ DO APALPADOR?

NESTAS FESTAS DE DECEMBRO APARECEN DIVERSOS PERSONAXES.
UN DOS TÍPICOS É O PANDIGUEIRO OU APALPADOR.
O CURSO PASADO ESTIVO NO CENTRO. NÓS PREGUNTÁMONOS SE VOLVERÁ.
MENTRES TANTO IMOS INVENTAR HISTORIAS SOBRE EL.


viernes, 4 de diciembre de 2015

A CONSTITUCIÓN E O DEREITO A NON SUFRIR DISCRIMINACIÓN

TRABALLAMOS COA CONSTITUCIÓN E REVISÁNDOA ATOPAMOS UN ARTIGO QUE FALA DO DEREITO A NON SER DISCRIMINADA OU DISCRIMINADO POR RAZÓN DE RAZA, SEXO, CULTURA,...

PROFUNDAMOS UN POUCO MÁIS NESE DEREITO, AO REDOR DO CAL TRABALLAREMOS NO SEGUINTE TRIMESTRE TAMÉN CANDO FALEMOS DO RESPECTO ÁS DIFERENTES CULTURAS...

jueves, 26 de noviembre de 2015

AS NOSAS TRES MASCOTAS USAN TARXETAS PARA FELICITAR AS FESTAS

VEÑEN AS FESTAS DO INVERNO, AS DE DECEMBRO.
AS NOSAS MASCOTAS TEÑEN PROBLEMAS PARA REMITIR TANTAS POSTAIS, TEÑEN TANTAS AMIZADES!.
ESTES DÍAS REMITÍRONNOS UNHA CARTA PARA PEDIRNOS AXUDA E ADEMAIS DEIXÁRONNOS UNHA PRESENTACIÓN CON MODELOS DE TARXETAS E ALGUNHA TÉCNICA PARA FACELAS.
XA VOS CONTAREMOS COMO NOS SAÍRON

lunes, 23 de noviembre de 2015

4º CONTRA O MALTRATO DE XÉNERO

NESTES DÍAS ESTAMOS LENDO E TRABALLANDO CUNS CONTOS, POEMAS E HISTORIAS MOI ESPECIAIS.
A TRAVÉS DESTES CONTOS OBSERVAMOS SITUACIÓNS DE DISCRIMINACIÓN E FALAMOS SOBRE ELAS PARA PREVILAS.
NA CASA TAMÉN PODEDES FALAR SOBRE ESES TEMAS, TODOS OS TEXTOS TÉMOLOS NO NOSO BLOG DE VALORES

lunes, 9 de noviembre de 2015

REMATAMOS AS NOSAS INVESTIGACIÓNS E EXPERIMENTACIÓNS SOBRE AS PLANTAS

DENDE HAI DÍAS REMATAMOS A INVESTIGACIÓN SOBRE AS PLANTAS.
POR PARELLAS ESTIVEMOS A ELABORAR PRESENTACIÓNS EN POWER POINT QUE RECOLLESEN UN RESUMO DO APRENDIDO.
QUEDÁRONNOS MOI CHULAS!
OLLADE ALGÚN EXEMPLO:


martes, 3 de noviembre de 2015

TRABALLAMOS AO REDOR DO SAMAÍN

Nestes días estamos a traballar sobre as festas do outono, entre elas o Samaín e o Magosto.
Estivemos recollendo información na rede e despois practicamos na elaboración de documentos en internet.
Velaquí un exemplo:



jueves, 29 de octubre de 2015

O NOSO OBRADOIRO DE TROMPOS PARA A EXPOSICIÓN

LEVAMOS UNS DÍAS TRABALLANDO SOBRE OS TROMPOS.
TEMOS QUE PINTALOS PARA A EXPOSICIÓN QUE QUERE FACER ANTÍO.
ESTIVEMOS TRABALLANDO POR PARELLAS.
POLO MOMENTO SÓ COMEZAMOS CUNHA CAPA DE PINTURA... PERO VAN QUEDAR ESTUPENDOS!



jueves, 15 de octubre de 2015

FACEMOS HISTORIAS NA CLASE

ESTES DÍAS ESTIVEMOS ELABORANDO HISTORIAS.  NON  HISTORIAS DE MEDO, PERO SI DE SUSPENSE...
VELAQUÍ UNHA PARA QUE LEADES

Un papel escondido

El 15 de agosto fui a la playa y me di un baño.
Estaba buceando y...¡Había una botella flotando con un papel dentro!. La cogí, la abrí y leí la carta. Ponía:

Ya que no sé redactar en una poesía, os lo voy a contar
Quien encuentre esta carta,
famoso se hará
y un gran regalo recibirá
pero solo si no piensa en el mal.
Barbanegra

Yo pensé en esas palabras y me di cuenta de que no había que pensar en el mal. Así famosa me hice, pero eso no me importa. Lo único que me importa es que a muchos niños ayudé y un gran regalo recibí: no hubo más guerras, nadie era pobre, nadie tiraba basura al suelo...
¡Un día en la playa y ya me hice famosa!

Nerea Vila 4ºC


martes, 6 de octubre de 2015

ANTÍO VEU AO COLE



É OUTONO E ANTÍO VOLVEU AO COLEXIO UN ANO MÁIS.
DEIXOUNOS UNHA CARTA E PEDIUNOS COLABORACIÓN COA CELEBRACIÓN DO MAGOSTO E NÓS, COMO NON!, IMOS AXUDAR.
TEREMOS QUE EXPERIMENTAR CON CORES, ADORNAR TROMPOS E BUXAINAS, ELABORAR CARTEIS, PREPARAR CANCIÓNS E BAILES, ....
XA VOS IREMOS CONTANDO COMO NOS SAE TODO.

domingo, 4 de octubre de 2015

APRENDEMOS OS NÚMEROS ROMANOS

FALANDO DE ORIXE DA TERRA... OS NÚMEROS NON ESTABAN AÍ AO COMEZO PERO...
DENDE A ORIXE DOS SERES HUMANOS, ESTES PRECISARON CONTAR. AO COMEZO NON TIÑAN NÚMEROS, FACÍAN RAIAS, MARCAS,...
CO TEMPO APARECERON OS NÚMEROS...


ENTRE OS NÚMEROS QUE EXISTEN ESTÁN OS NÚMEROS ROMANOS... NON TEÑEN CERO! VAIA!
PARA PRACTICALOS TEMOS XOGOS NESTE BLOG, IMOS PRACTICAR!

jueves, 1 de octubre de 2015

APRENDEMOS SOBRE AS PLANTAS



NESTAS SEMANAS ESTAMOS A APRENDER SOBRE AS PLANTAS.
AS PLANTAS APARECERON NA TERRA HAI MOITOS MILES DE ANOS, LEVAN MÁIS ANOS NA TERRA QUE OS SERES HUMANOS.
ESTIVEMOS LENDO UNHA LECTURA SOBRE A "MÁQUINA DO TEMPO" QUE NOS CONTA UNHA VIAXE DENDE O NACEMENTO DO UNIVERSO ATA QUE APARECERON OS SERES HUMANOS... CANTOS ANOS!

lunes, 7 de septiembre de 2015

NESTA SEMANA COMEZAMOS O CURSO 2015-2016



OLA!
O DÍA 10 COMEZAMOS DE NOVO AS CLASES.
AS MASCOTAS ESTIVEMOS MOI ATAREFADAS CO REGRESO... XA VOS CONTAREMOS AS NOVIDADES.
A ONDE CREDES QUE FOMOS NAS VACACIÓNS? XA VOLO DIREMOS CUNHA CARTIÑA

viernes, 19 de junio de 2015

HOXE ACABARON AS CLASES

REMATAMOS 3º.
EN SETEMBRO VERÉMONOS EN 4º!

SEGUIR APRENDENDO NAS VACACIÓNS

REMATAN AS CLASES PERO PODEMOS SEGUIR APRENDENDO E REPASANDO.
APRENDEMOS CANDO LEMOS, CANSO XOGAMOS, CANDO VISITAMOS UN LUGAR NOVO,...
TAMÉN APRENDEMOS CANDO REPASAMOS... AÍ QUEDAN SUXESTIÓNS:


jueves, 18 de junio de 2015

ACOLLEMOS AO ALUMNADO QUE NO VINDEIRO CURSO ESTARÁ EN 3º

O ALUMNADO DE 2º VEU VISITARNOS PARA COÑECER AS AULAS E OS MATERIAIS COS QUE VAN TRABALLAR O VINDEIRO CURSO.
FOI MOI EMOCIONANTE FACER DE ANFITRIONAS E ANFITRIÓNS E REVIVIR UNHA ACTIVIDADE QUE FIXERON CONNOSCO O CURSO PASADO.



<

viernes, 12 de junio de 2015

UNHA SAÍDA PARA ESTUDAR ASPECTOS RELACIONADOS CO MAR

FIXEMOS UNHA SAÍDA CURTA QUE NOS AXUDOU A COMPLETAR INFORMACIÓN SOBRE O MAR, OS SERES VIVOS QUE NEL HABITAN.
XA VOS POÑEREMOS FOTOS.

miércoles, 10 de junio de 2015

CO GALLO DO ANO INTERNACIONAL DO SOLO, NAS CLASES ESTAMOS APRENDENDO MOITO SOBRE A SÚA IMPORTANCIA E COIDADO.
NESTES DÍAS FOMOS AO PATIO PARA OBSERVAR ASPECTOS DO SOLO DO NOSO CONTORNO. FIXEMOS OBSERVACIÓN "IN SITU" E ADEMAIS RECOLLEMOS MOSTRAS PARA OBSERVAR NO LABORATORIO.

viernes, 22 de mayo de 2015

A ANIMACIÓN LECTORA CANTADA

XA VOS CONTARAMOS NA ENTRADA ANTERIOR QUE IAMOS TER UNHA ANIMACIÓN LECTORA CUN POETA-CANTANTE (HÉCTOR LORENZO).
RESULTOU XENIAL E MESMO APRENDEMOS POEMAS.
DEIXAMOS ALGUNHAS FOTOS...

miércoles, 20 de mayo de 2015

UNHA ANIMACIÓN LECTORA POÉTICA CANTADA

MAÑÁ TEREMOS UNHA ANIMACIÓN LECTORA SOBRE POESÍA, DESPOIS QUE DURANTE TODOS ESTES DÍAS VIMOS TRABALLANDO SOBRE POEMAS.
XA VOS DIREMOS COMO RESULTA, DE MOMENTO DEIXÁMOSVOS CON ESTES ANAQUIÑOS DE POEMAS...

Xa é de día,
vou ao andel
collo un libro,
póñome a ler.

Dunha aventura
vou gozar
na miña casa
sen me ausentar.



Papá ten uns zapatos
nos que viven 
cinco ratos:
Ao primeiro,
que é un larpeiro
atragóeselle
o queixo.
 Ao segundo,
do Facundo,
moito lle gusta
andar polo mundo
.......
Héctor Lorenzo 

miércoles, 13 de mayo de 2015

POESÍA PARA O CERTAME E LETRAS GALEGAS

DENDE HAI VARIOS DÍAS ELABORAMOS A NOSA POESÍA PARA O CERTAME QUE SE CELEBRA NO COLEXIO.
ESTE CERTAME ESTÁ RELACIONADO CO DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

 ESTE ANO DEDÍCASE A FILGUEIRA VALVERDE, QUE RA PONTEVEDRÉS.
TRABALLAMOS AO REDOR DA SÚA BIOGRAFÍA E DA SÚA OBRA.

domingo, 10 de mayo de 2015

EDUCACIÓN VIARIA

ENTRE O 4 E O 10 DE MAIO CELÉBRASE O DÍA MUNDIAL DA EDUCACIÓN VIARIA. ESTE ANO DEDÍCASE Á SEGURIDADE DE NENAS E NENOS.
O COLEXIO COLABORA CON ESTE EVENTO E TIVEMOS UNS OBRADOIROS, CHARLAS E PRÁCTICAS MOI INTERESANTES NO COLEXIO.
NÓS PARTICIPAMOS.
FOI MOI DIVERTIDO E EDUCATIVO.
GRAZAS A TODAS AS PERSOAS QUE COLABORARON!

miércoles, 6 de mayo de 2015

AXUDANDO A LAMPI COA PRENSA

LAMPI PEDIUNOS UNHA NOTICIA DE PRENSA.
EN EQUIPOS PUXÉMONOS A SELECCIONALA E RESUMILA NUNHA PIRAMIDE.
REMITIRÉMOSLLA Á LAMPI Á BIBLIOTECA CUNHA CARTA.
AGORA TENAS NA BIBLIOTECA... QUE FARÁ CON ELAS?


miércoles, 22 de abril de 2015

ANÍMATE A LER OS NOSOS LIBROS PREFERIDOS

Este é o resultado da nosa actividade de animación á lectura entre o alumnado.
Animádesvos a ler os nosos libros preferidos?




miércoles, 15 de abril de 2015

23 DE ABRIL NO COLEXIO

CHEGA O DÍA DO LIBRO...
NO COLEXIO HAI  PREPARADAS VARIAS ACTIVIDADES PARA CELEBRALO:
- PRESENTAMOS O LIBRO QUE MÁIS NOS GUSTA, PARA ANIMAR ÁS COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS A LELO, PARA QUE NOS COÑEZAN MELLOR RECOÑECENDO OS NOSOS GUSTOS LECTORES E PARA EXPRESARNOS ORALMENTE. DESPOIS RECOLLEMOS ESA PRESENTACIÓN NUNHA FICHA. CON TODAS AS FICHAS IMOS REALIZAR UN LIBRO. XA VEREDES QUE BONITO!
- TRABALLAMOS SOBRE O LIBRO, OS SEUS ELEMENTOS, COMO SE GARDAN NAS BIBLIOTECAS,...
- FALAMOS DOS ARTILUXIOS QUE EXISTEN AO REDOR DO LIBRO
 - COMENTAMOS POR QUE SE CELEBRA O DÍA DO LIBRO O 23 DE ABRIL. APRENDEMOS SOBRE CERVANTES E SOBRE A SÚA OBRA CUME,MÁIS CONCRETAMENTE SOBRE A AVENTURA DOS MUÍÑOS.

jueves, 26 de febrero de 2015

ELABORAMOS ORGANIGRAMAS COMPARATIVOS

ESTA SEMANA REPASAMOS ESQUEMAS. UN DOS QUE USAMOS É O ORGANIGRAMA COMPARATIVO.
MIRADE QUE BEN NOS ESTÁN QUEDANDO!
UN DOS ORGANIGRAMAS COMPARA A BIOGRAFÍA DE DOUS PERSONAXES QUE SE HOMENAXEAN NO 2015

domingo, 8 de febrero de 2015

ESTÁ CHEGANDO O ENTROIDO

NESTES DÍAS PREPARAMOS O NOSO DISFRACE.
TAMÉN TRABALLAMOS SOBRE O ENTROIDO TRADICIONAL E FACEMOS UNHA LIÑA DO TEMPO.
NESTE ANO O ENTROIDO VÉN CHEO DE FICCIÓN E CIENCIA...
MENTRES PREPARAMOS TODO PARA A FESTA DEIXÁMOSVOS CUNS CONTOS... CLICADE AQUÍ OU
 CONTO

domingo, 18 de enero de 2015

TRABALLAMOS AO REDOR DA PAZ



RIGOBERTA MENCHÚ FOI PREMIO NOBEL DA PAZ E COMENTA QUE SIGNIFICA PARA ELA PAZ.
NÓS TAMÉN TEMOS IDEAS SOBRE O QUE A PAZ SIGNIFICA E ESTAMOS A TRABALLAR SOBRE COMO CONSEGUIR A PAZ DENDE A NOSA CASA E A CLASE
O DÍA DA PAZ ENSINAREMOS AO RESTO DO COLEXIO O NOSO TRABALLO.