OLA!. XA ESTAMOS EN 6º!



AS NOSAS MASCOTAS ZOE, BALSI E SALTARÍN DEIXARÁN AQUÍ MOITAS MENSAXES. PODEREMOS VER MOITAS DAS NOSAS ACTIVIDADES DO COLEXIO . TAMÉN VISITAREMOS PÁXINAS MOI INTERESANTES, FOTOS E POÑEREMOS XOGOS PARA PRACTICAR.

-------------------

miércoles, 20 de enero de 2016

PREPARAMOS UN BAILE

CON LOLA ESTAMOS A PREPARAR UN BAILE RELACIONADO COAS CULTURAS E A PAZ. PERTENCE AO DISCO DE MAMÁ CABRA...

A LETRA DI:

BAILE DA PAZ
ESTA É A DANZA
DA ESPERANZA,
DANZA CAPAZ
DE SEMENTAR PAZ.

OMBRO CON OMBRO
PÓDESE TODO.

DÁ UN TACONAZO.
LEVANTA O BRAZO
E CON DONAIRE
DÁLLE AO CÚ AIRE.

COLLE A ORELLA
DA TÚA PARELLA.
FAILLE CÓXEGAS.
PONTE EN CREQUENAS.

ESTA É A DANZA
DA ESPERANZA,
DANZA CAPAZ
DE SEMENTAR PAZ.

AGORA DÁ UN BRINCO,
OU MELLOR CINCO!,
E TRES PALMADAS
CON GARGALLADAS.

LOGO AO COMPÁS
ANDA CARA ATRÁS.
E CARA ADIANTE,
COMA UN XIGANTE.

PINTA UN MOMENTO
PAZ NO VENTO.
GRITA UN SEGUNDO:

"PAZ NO MUNDO"

jueves, 14 de enero de 2016

ACTUAMOS NA RADIO

ESTIVEMOS LENDO TEXTOS EN GALEGO PARA A RADIO.
DENTRO DUNS DÍA PODEREDES ESCOITARNOS EN ONDA CERO.
SERÁ
Do luns 25 de xaneiro ata o venres 5 de febreiro; de luns a venres a partir das 11:50 da mañá no programa "MÁS DE UNO" ( con Carlos Alsina y Juan Ramón Lucas).

lunes, 11 de enero de 2016

TRABALLANDO SOBRE A PAZ

AS NOSAS MASCOTAS ESTIVERON NAS VACACIÓNS LENDO SOBRE A PAZ.
MANDÁRONNOS UNHA HISTORIA TAMÉN A NÓS.
DIN QUE SE COÑECEMOS A OUTRAS CULTURAS APRENDEREMOS A RESPECTALAS...
NÓS DECIDIMOS COÑECER AS CULTURAS DO CONTINENTE AMERICANO.
IMOS CENTRARNOS EN MÉXICO.
XA VOS IREMOS COMENTANDO AS NOSAS INVESTIGACIÓNS.