UNHA NOVA TEMÁTICA NOS OCUPA ESTES DÍAS: OS DEREITOS DAS NENAS E DOS NENOS.
O ARTIGO 7 DI QUE TEMOS DEREITO Á EDUCACIÓN, POR ISO ESTAMOS APRENDENDO QUE SIGNIFICA ISO.
TRABALLAMOS CUN CONTO E COA BIOGRAFÍA DE MALALA.
SABÍAS QUE NALGÚNS PAÍSES ÁS NENAS NON LLES PERMITEN ASISTIR Á ESCOLA?
UN XEITO DE DISCRIMINACIÓN E DE MALTRATO ÁS MULLERES É IMPEDIRLLES DESENVOLVERSE.
MALALA LOITOU CONTRA ISO E DENUNCIOU CUN BLOG O QUE ESTABA PASANDO NA SÚA CIDADE.
NÓS IMOS ESCRIBIR PALABRAS FERMOSAS E ADORNAR O COLEXIO CON ELAS PARA REINVIDICAR ESE DEREITO TAN IMPORTANTE E PARA APOIAR A LOITA DE MALALA.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Hemos releído las noticias sobre Malala en prensa digital
ResponderEliminar