O pasado venres 7 de outubro, desenvolveuse no noso colexio un obradoiro de dieta mediterránea; cuxo obxectivo era concienciar ao alumnado de 5º da importancia dunha alimentación saudable.
A primeira hora, déronnos unha pequena charla onde nos explicaron cales eran os alimentos que forman parte desta dieta. A continuación, fixemos unha pequena brocheta que contiña ingredientes coma queixo, olivas, tomate e pan. Xa por último, baixamos ao patio e fixemos unha pequena coreografía. O obradoiro estivo moi ben!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario