OLA!. XA ESTAMOS EN 6º!



AS NOSAS MASCOTAS ZOE, BALSI E SALTARÍN DEIXARÁN AQUÍ MOITAS MENSAXES. PODEREMOS VER MOITAS DAS NOSAS ACTIVIDADES DO COLEXIO . TAMÉN VISITAREMOS PÁXINAS MOI INTERESANTES, FOTOS E POÑEREMOS XOGOS PARA PRACTICAR.

miércoles, 22 de diciembre de 2010

IMOS DE VACACIÓNS!!!

HOXE REMATAMOS O TRIMESTRE. TRABALLAMOS MOITÍSIMO, XA VEREDES TODO O QUE VAI NAS CARPETAS!
PARA RECUPERAR ALGO DE FORZAS TOMAMOS UNHA CHOCOLATADA E TAMÉN VIÑERON TRAERNOS AGASALLOS.
VÉMONOS NO 2011
!

martes, 21 de diciembre de 2010

UN PREMIO NO IV CONCURSO DE INTERCULTURALIDADE

O ALUMNADO DE CATRO ANOS PARTICIPAMOS NO IV CONCURSO DE INTERCULTURALIDADE CONVOCADO POLO CONCELLO DE PONTEVEDRA.
COAS PROFES MANOLI E MARI FIXEMOS UNS DEBUXOS MOI BONITOS. GUSTARON TANTO QUE ATA TIVEMOS UN PREMIO!
VANIA FOI RECOLLER O PREMIO, AQUÍ TENDES AS FOTOS DESE DÍA.

miércoles, 15 de diciembre de 2010

FACEMOS ESTRATEXIAS COOPERATIVAS

APROVEITANDO QUE TRABALLAMOS CO CONTO DA TARTARUGA MENTIREIRA, IMOS FACER UNHA ESTRATEXIA COOPERATIVA. CHÁMASE "FOLIO XIRATORIO" VEREDES QUE FOTOS!!!

A TARTARUGA MENTIREIRA

ESTIVEMOS TRABALLANDO CO CONTO DA "TARTARUGA MENTIREIRA", FIXEMOS UNHA LIÑA ARGUMENTAL E AMPLIAMOS O CONTO. QUEDOUNOS XENIAL!.

BUZÓN MENTIREIRO

DENDE COMEZOS DE CURSO ESTAMOS A TRABALLAR COAS MENTIRAS. PARA QUE NON SE ESPALLEN METÉMOLAS NUN BUZÓN.
O MALO É QUE O NOSO GALO VILAVERDIÑO QUERE COLLELAS E NON SABEMOS QUE FARÁ CON ELAS.... MOITO OLLO!

martes, 14 de diciembre de 2010

REMATANDO A INVESTIGACIÓN DOS DINOSAUROS

PARA REMATAR O QUE ESTABAMOS INVESTIGANDO SOBRE OS DINOSAUROS ELABORAMOS UN ABECEDARIO. TEMOS UN DINOSAURO (OU MÁIS) POR CADA LETRA. IMOS AMOSARVOS UNHA MOSTRA.

lunes, 6 de diciembre de 2010

APRENDEMOS SOBRE A CONSTITUCIÓN

APRENDEMOS QUE O DÍA 6 FOI O ANIVERSARIO DA CONSTITUCIÓN. QUE LLE FIXERON AGASALLOS COMO: UNHA BANDEIRA, UN ESCUDO, AS LINGUAS,...