OLA!. XA ESTAMOS EN 6º!



AS NOSAS MASCOTAS ZOE, BALSI E SALTARÍN DEIXARÁN AQUÍ MOITAS MENSAXES. PODEREMOS VER MOITAS DAS NOSAS ACTIVIDADES DO COLEXIO . TAMÉN VISITAREMOS PÁXINAS MOI INTERESANTES, FOTOS E POÑEREMOS XOGOS PARA PRACTICAR.

-------------------

miércoles, 12 de octubre de 2016

LAMPI PIDE AXUDA CUNHA MISIVA

LAMPI SOLICITOUNOS AXUDA PARA DECORAR A BIBLIOTECA.
QUERE QUE SE PAREZA A UN SOUTO E PEDIUNOS FACER AS ÁRBORES.
ASÍ QUE PRIMEIRO IMOS INVESTIGAR SOBRE O SOUTO E AS ÁRBORES PRINCIPAIS.
SUPOÑEMOS QUE QUERE FACER UN SOUTO PARA QUE O ESQUÍO ANTÍO, QUE ESTÁ A CHEGAR AO COLE, SE SINTA COMO NA CASA.

martes, 11 de octubre de 2016

OBRADOIRO DE DIETA MEDITERRÁNEA

O pasado venres 7 de outubro, desenvolveuse no noso colexio un obradoiro de dieta mediterránea; cuxo obxectivo era concienciar ao alumnado de 5º da importancia dunha alimentación saudable.
A primeira hora, déronnos unha pequena charla onde nos explicaron cales eran os alimentos que forman parte desta dieta. A continuación, fixemos unha pequena brocheta que contiña ingredientes coma queixo, olivas, tomate e pan. Xa por último, baixamos ao patio e fixemos  unha pequena coreografía. O obradoiro estivo moi ben!!