OLA!. XA ESTAMOS EN 6º!



AS NOSAS MASCOTAS ZOE, BALSI E SALTARÍN DEIXARÁN AQUÍ MOITAS MENSAXES. PODEREMOS VER MOITAS DAS NOSAS ACTIVIDADES DO COLEXIO . TAMÉN VISITAREMOS PÁXINAS MOI INTERESANTES, FOTOS E POÑEREMOS XOGOS PARA PRACTICAR.

viernes, 24 de octubre de 2014

LAMPI ESTA SEMANA TIVO MOITO TRABALLO

LAMPI ESTA SEMANA FOI A MASCOTA MÁIS ATAREFADA DO COLEXIO:

  • EMPRESTOUNOS UNS LIBROS SOBRE O SAMAÍN E O MAGOSTO, UNS LIBROS DA SÚA BIBLIOTECA ITINERANTE QUE LEVARON ATA AS CLASES AS NENAS E OS NENOS DE 6º
  • AGASALLOUNOS CUNHA TIRA CÓMICA NO "DÍA DA BIBLIOTECA" E CONVIDOUNOS A VISITALA PARA VER A EXPOSICIÓN DE TIRAS CÓMICAS DE MAFALDA E OS LIBROS SOBRE CIENCIA FICCIÓN QUE TEN NO EXPOSITOR.

domingo, 5 de octubre de 2014

ALIMENTÁMONOS

TRABALLAMOS SOBRE DIETAS E MENÚS.
QUE COMEMOS AO LONGO DUNHA SEMANA?
QUE TIPOS DE ALIMENTOS COMEMOS?
COMEMOS O QUE DEBEMOS?


jueves, 2 de octubre de 2014

SOBRE CIENCIA FICCIÓN

A NOSA MASCOTA ANDA ATAREFADA COA CIENCIA FICCIÓN E NÓS DEBUXÁMOSLLE COUSAS RELACIONADAS.
TAMÉN ANDAMOS A COMPLETAR UNHA NARRACIÓN RELACIONADA CON DOUS EXTRATERRESTRES VIAXANDO POLO ESPAZO, COMEZAMOS TRABALLANDO AS SÚAS DESCRICIÓNS E POUCO A POUCO A NARRACIÓN SERÁ MÁIS LONGA E RICA LITERARIAMENTE FALANDO.

VELAQUÍ ALGO DISO