OLA!. XA ESTAMOS EN 5º!



AS NOSAS MASCOTAS ZOE, BALSI E SALTARÍN DEIXARÁN AQUÍ MOITAS MENSAXES. PODEREMOS VER MOITAS DAS NOSAS ACTIVIDADES DO COLEXIO . TAMÉN VISITAREMOS PÁXINAS MOI INTERESANTES, FOTOS E POÑEREMOS XOGOS PARA PRACTICAR.

miércoles, 22 de diciembre de 2010

IMOS DE VACACIÓNS!!!

HOXE REMATAMOS O TRIMESTRE. TRABALLAMOS MOITÍSIMO, XA VEREDES TODO O QUE VAI NAS CARPETAS!
PARA RECUPERAR ALGO DE FORZAS TOMAMOS UNHA CHOCOLATADA E TAMÉN VIÑERON TRAERNOS AGASALLOS.
VÉMONOS NO 2011
!

martes, 21 de diciembre de 2010

UN PREMIO NO IV CONCURSO DE INTERCULTURALIDADE

O ALUMNADO DE CATRO ANOS PARTICIPAMOS NO IV CONCURSO DE INTERCULTURALIDADE CONVOCADO POLO CONCELLO DE PONTEVEDRA.
COAS PROFES MANOLI E MARI FIXEMOS UNS DEBUXOS MOI BONITOS. GUSTARON TANTO QUE ATA TIVEMOS UN PREMIO!
VANIA FOI RECOLLER O PREMIO, AQUÍ TENDES AS FOTOS DESE DÍA.

miércoles, 15 de diciembre de 2010

FACEMOS ESTRATEXIAS COOPERATIVAS

APROVEITANDO QUE TRABALLAMOS CO CONTO DA TARTARUGA MENTIREIRA, IMOS FACER UNHA ESTRATEXIA COOPERATIVA. CHÁMASE "FOLIO XIRATORIO" VEREDES QUE FOTOS!!!

A TARTARUGA MENTIREIRA

ESTIVEMOS TRABALLANDO CO CONTO DA "TARTARUGA MENTIREIRA", FIXEMOS UNHA LIÑA ARGUMENTAL E AMPLIAMOS O CONTO. QUEDOUNOS XENIAL!.

BUZÓN MENTIREIRO

DENDE COMEZOS DE CURSO ESTAMOS A TRABALLAR COAS MENTIRAS. PARA QUE NON SE ESPALLEN METÉMOLAS NUN BUZÓN.
O MALO É QUE O NOSO GALO VILAVERDIÑO QUERE COLLELAS E NON SABEMOS QUE FARÁ CON ELAS.... MOITO OLLO!

martes, 14 de diciembre de 2010

REMATANDO A INVESTIGACIÓN DOS DINOSAUROS

PARA REMATAR O QUE ESTABAMOS INVESTIGANDO SOBRE OS DINOSAUROS ELABORAMOS UN ABECEDARIO. TEMOS UN DINOSAURO (OU MÁIS) POR CADA LETRA. IMOS AMOSARVOS UNHA MOSTRA.

lunes, 6 de diciembre de 2010

APRENDEMOS SOBRE A CONSTITUCIÓN

APRENDEMOS QUE O DÍA 6 FOI O ANIVERSARIO DA CONSTITUCIÓN. QUE LLE FIXERON AGASALLOS COMO: UNHA BANDEIRA, UN ESCUDO, AS LINGUAS,...

jueves, 25 de noviembre de 2010

UNHA OBRA DE TEATRO NA CLASE: 6º FAI UNHA REPRESENTACIÓN PARA NÓS

ESTA SEMANA VIÑERON AS NENAS E OS NENOS DE 6º REPRESENTARNOS UNHA OBRA DE TEATRO.
GUSTOUNOS MOITO E DÉMOSLLES UN FORTE APLAUSO.

miércoles, 24 de noviembre de 2010

UN CARIÑÓMETRO PARA CATRO ANOS

EN INFANTIL DE TRES ANOS TIÑAMOS UN CARIÑÓMETRO NAS AULAS.
AGORA QUE SOMOS MÁIS GRANDES TAMÉN TEMOS UN. CON EL TRABALLAMOS AS NOSAS EMOCIÓNS, AS RELACIÓNS COAS COMPAÑEIRAS E COS COMPAÑEIROS,... XA VEREDES QUE GRÁFICAS MÁIS XEITOSAS NOS VAN QUEDANDO.

miércoles, 17 de noviembre de 2010

ESTAMOS DE ANIVERSARIO

O 20 DE NOVEMBRO CELÉBRASE O ANIVERSARIO DA APROBACIÓN DOS DEREITOS DAS NENAS E DOS NENOS. NÓS IMOS CELEBRALO CON ESTE CONTO:

miércoles, 10 de noviembre de 2010

CELEBRAMOS O MAGOSTO NO COLE

DENDE HAI DÍAS VIMOS TRABALLANDO SOBRE O MAGOSTO, QUE SIGNIFICA, QUE SE COME, CAL É A ÁRBORE PROTAGONISTA, QUE XOGOS E CANTIGAS SON TÍPICAS DESTA FESTA,...
O VENRES IMOS CELEBRAR O MAGOSTO NO COLEXIO, VAI HABER UNHA FOGUEIRA E ASAREMOS CASTAÑAS.
XA VEREDES QUE FOTOS!

miércoles, 3 de noviembre de 2010

SOMOS BOTÁNICAS E BOTÁNICOS

AS MASCOTAS REMITÍRONOS UNHA CARTA CONVIDÁNDONOS A SER CIENTÍFICAS E CIENTÍFICOS E INVESTIGAR SOBRE O CASTIÑEIRO. NISO ESTAMOS AGORA.

MASCOTILANDIA, 1 DE NOVEMBRO DE 2010

OLA OUTRA VEZ!
EN MASCOTILANDIA GÚSTANOS A CIENCIA. QUEREMOS SER MASCOTAS CIENTÍFICAS.
HAI UNHA CIENCIA QUE ESTUDA AS PLANTAS. SABEDES COMO SE CHAMA? CHÁMASE BOTÁNICA.
SABEDES COMO SE CHAMAN AS PERSOAS CIENTÍFICAS QUE ESTUDAN AS PLANTAS? CHÁMANSE BOTÁNICAS E BOTÁNICOS.
POR QUE NON XOGADES A SER BOTÁNICAS E BOTÁNICOS E INVESTIGADES SOBRE UNHA PLANTA QUE TEÑA QUE VER CO MAGOSTO?
SABEDES QUE PLANTA É?
É O CASTIÑEIRO.
FACEDE DESPOIS UM MURAL CO QUE INVESTIGUEDES,
MOITOS BICOS. TANTOS COMO CASTAÑAS NO MAGOSTO

A MASCOTA

miércoles, 20 de octubre de 2010

ESTAMOS INICIANDO UN PROXECTO NOVO

ESTA SEMANA INICIAMOS UN PROXECTO SOBRE AS PLANTAS.             
ESTAMOS TRABALLANDO SOBRE O QUE SABEMOS DAS PLANTAS.
TIVEMOS QUE CONTESTAR A UNHA PREGUNTA:
PODEN ESTAR AS PLANTAS NO CUARTO MENTRES DURMIMOS? POR QUE?

martes, 19 de octubre de 2010

A MALETA NAS NOSAS CLASES

                                                                   
DENDE O XOVES, NAS CLASES DE CATRO ANOS ESTÁN TRAENDO AS SÚAS TRES COUSAS PREFERIDAS E PRESENTÁDOLLAS AS NENAS E AOS NENOS DA CLASE.
CHAMÁMOSLLE A MALETA.
ESTA É UNHA ACTIVIDADE COOPERATIVA QUE TEN COMO OBXECTIVO COÑECERNOS MELLOR, COHESIONAR O GRUPO.
VELAQUÍ AS FOTOS.

miércoles, 13 de octubre de 2010

UN CONTACONTOS NA BIBLIOTECA

O VENRES FOMOS ESCOITAR.... E VER UN CONTACONTOS. VÍMOLO NA BIBLIOTECA DO COLEXIO. O PERSONAXE ERA:
AVELINO, O TRASNIÑO DO CESTIÑO.CHEGOU EN PAZTINETE CON MATEIRAIS FEITOS POLAS MULLERES  DE BANGLADESH.PASÁMOLO MOI BEN!!!     


jueves, 7 de octubre de 2010

ESTAMOS A TRABALLAR CON DINOSAUROS

LEVAMOS VARIAS SEMANAS TRABALLANDO COS DINOSAUROS.
APRENDEMOS QUE OS HAI CARNÍVOROS, HERBÍVOROS E OMNÍVOROS.
TEÑEN UNS NOMES MOI COMPLICADOS... AGÁS UN AO QUE LLE CHAMAN PEPITO.