OLA!. XA ESTAMOS EN 6º!



AS NOSAS MASCOTAS ZOE, BALSI E SALTARÍN DEIXARÁN AQUÍ MOITAS MENSAXES. PODEREMOS VER MOITAS DAS NOSAS ACTIVIDADES DO COLEXIO . TAMÉN VISITAREMOS PÁXINAS MOI INTERESANTES, FOTOS E POÑEREMOS XOGOS PARA PRACTICAR.

miércoles, 23 de noviembre de 2011

CON TODO O QUE SABEMOS SOBRE VELÁZQUEZ...

CON TODO O APRENDIDO COMEZAMOS AS ELABORACIÓNS...
DEBUXAMOS

XOGAMOS E DRAMATIZAMOS IMITANDO CADROS DE VELÁZQUEZ

PREPARAMOS AS NOSAS PALETAS DE CORES E... A PINTAR!

viernes, 18 de noviembre de 2011

20 DE NOVEMBRO.DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA

A IDEA DE FESTEXAR O "DIA DA INFANCIA"XURDIU O 20 DE NOVEMBRO DE 1959, CANDO A ASAMBLEA XERAL DAS NACIÓNS UNIDAS TIVO UNHA XUNTANZA NA QUE DECIDIU REAFIRMAR OS DEREITOS DOS NENOS E DAS NENAS UNIVERSALMENTE.



HOXE NO COLE CELEBRAMOS O DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA TRABALLANDO UN A UN OS DEREITOS, PRIMERIRO PREGUNTAMOS SI SABÍAN ALGÚN DOS DEREITOS QUE TEÑEN E DESPOIS OS VIMOS COAS ANIMACIÓNS DE POCOYO. POÑEÑOS O ENDEREZO PARA QUE CLIQUEDES E  PODADES VELOS.
TAMÉN TRABALLAMOS ESTA CANCIÓN DOS LUNNIS, MIRADE O VIDEO.




PARA REMATAR, NON PODÍAMOS ESQUECERNOS DE MAFALDA REIVINDICANDO OS DEREITOS. EN PEKEGIFS PODEDES ACCEDER AS ILUSTRACIÓNS DO VIDEO QUE FORON CREADAS POR QUINO A PETICIÓN DE UNICEF. MIRADE O VIDEO

ESTAMOS A PIQUES DE REMATAR CON VELÁZQUEZ

LEVAMOS UN MES CO PROXECTO DE VELÁZQUEZ E ESTAMOS A PIQUES DE REMATALO.APRENDEMOS MOITAS COUSAS DA SÚA VIDA, ÉPOCA, AMIGOS E AMIGAS, MÚSICA DO MOMENTO E SOBRE TODO DOS CADROS. MIRADE A EVOLUCIÓN DO PROXECTO.














O QUE APRENDEMOS DESPOIS DE TODO ESTE PROCESO VÉDELO NESTE LIM  (LIBRO MULTIMEDIA INTERACTIVO) , E A XOGAR E APRENDER...


jueves, 17 de noviembre de 2011

CELEBRAMOS O MAGOSTO

QUE DÍA MAIS DIVERTIDO, FIXEMOS UN MONTÓN DE ACTIVIDADES COMO A CHAPA-CASTAÑA, UN OBRADOIRO DE POESÍA, UN DE PLATILINA E UN XOGO COOPERATIVO COA CASTAÑA. REMATAMOS O DÍA COMENDO AS CASTAÑAS. MIRADE AS FOTOS.

miércoles, 16 de noviembre de 2011

REMATAMOS OS BODEGÓNS


XA REMATAMOS OS BODEGÓNS.APRENDEMOS MOITO SOBRE OS FROITOS CARNOSOS E SECOS. MIRADE OS QUE FIXEMOS NAS DISTINTAS AULAS CON FROITAS,DEBUXOS,COLLAGE E PLASTILINA.



REMATAMOS CUNHA DEGUSTACIÓN.UHMMM!!!. QUE RICO.!! ANTES ANIMAMOS ALGUNHAS FROITAS... MIRADE QUE CARA LLES PUXEMOS!!!

miércoles, 2 de noviembre de 2011

ESTAMOS ELABORANDO BODEGÓNS

DENDE HAI VARIOS DÍAS TRABALLAMOS COA PINTURA. ESTIVEMOS VENDO A EXPOSICIÓN DE BODEGÓNS FAMOSOS...

VIMOS E TRABALLAMOS CO BODEGÓN DE VELÁZQUEZ


E ESTAMOS INFORMÁNDONOS SOBRE AS FROITAS DE OUTONO PARA ELABORAR BODEGÓNS NA CLASE.