OLA!. XA ESTAMOS EN 5º!



AS NOSAS MASCOTAS ZOE, BALSI E SALTARÍN DEIXARÁN AQUÍ MOITAS MENSAXES. PODEREMOS VER MOITAS DAS NOSAS ACTIVIDADES DO COLEXIO . TAMÉN VISITAREMOS PÁXINAS MOI INTERESANTES, FOTOS E POÑEREMOS XOGOS PARA PRACTICAR.

jueves, 31 de marzo de 2011

REMATANDO O PROXECTO DE BONOBOS E TARTARUGAS

RECOLLEMOS O QUE SABEMOS DE BONOBOS E TARTARUGAS NUN DIAGRAMA COMPARATIVO.
NA ASEMBLEA AVALIAMOS O QUE SABEMOS CUN CONCURSO: A METADE DA CLASE É O EQUIPO A E A OUTRA METADE O EQUIPO B. A PROFE FAI PREGUNTAS E ANOTA PUNTOS A CADA EQUIPO, GAÑA QUEN TEÑA MÁIS PUNTOS. POR AGORA IMOS EMPATADOS.

miércoles, 23 de marzo de 2011

PROXECTO SOBRE XAPÓN

XAPÓN CON TODAS AS NOVAS DESTE MES ESTÁ DE ACTUALIDADE. NAS NOSAS CLASES ESTAMOS SEGUINDO OS ACONTECEMENTOS E INVESTIGANDO SOBRE ESTE PAÍS. O PROXECTO XA ESTÁ FUNCIONANDO DENDE HAI UNS DÍAS... IREMOS POÑÉNDOVOS O QUE FACEMOS E O QUE APRENDEMOS.

lunes, 21 de marzo de 2011

PRIMAVERA E POESÍA

HOXE 21 DE MARZO DA COMENZO Á PRIMAVERA, PERO TAMÉN SE CELEBRA EN TODO O MUNDO O DÍA DA POESÍA.ESTA CONMEMORACIÓN FOI IMPULSADA POLA UNESCO NO ANO 2000 CÓ OBXECTIVO DE RECOÑECER AS ACTIVIDADES POÉTICAS QUE SE FAN NOS DIFERENTES PAÍSES E PROMOVER A POESÍA COMO UNHA FORMA DE CULTURA ESENCIAL.

PROXECTO DE BONOBOS E TARTARUGAS

DESPOIS DE LER OS CONTOS DE BONOBOS E O DE "ARTURO E CLEMENTINA" DECIDIMOS FACER UN PROXECTO PARA INFORMARNOS SOBRE ESTES ANIMAIS. IREMOS SUBINDO O QUE FACEMOS. AGORA ESTAMOS TENTANDO BUSCAR NAS FONTES INFORMACIÓN VARIADA. DA CASA TRAEREMOS MOITOS DATOS, XA VEREDES...

miércoles, 16 de marzo de 2011

O TERREMOTO DE XAPÓN PREOCUPA A ZOE, BALSI E SALTARÍN

ESTIVEMOS LENDO UNHA NOTICIA QUE NOS REMITIU A MASCOTA SOBRE O TERREMOTO DE XAPÓN, OS TUNAMIS E VIMOS NUN MAPA OS PAÍSES AFECTADOS. SEGUIREMOS TRABALLANDO CON VÍDEOS E FACENDO UN SEGUIMENTO DA NOTICIA. TAMÉN FAREMOS A PIRÁMIDE DA NOTICIA PARA RESUMIR TODO.SE QUEREDES VER O ANTES E O DESPOIS DUN TERREMOTO CLICK AQUI

martes, 15 de marzo de 2011

INVESTIGAMOS SOBRE OS BONOBOS E O XENIO DA BOTELLA

AS MASCOTAS QUIXERON QUE INVESTIGARAMOS SOBRE QUEN SON OS BONOBOS. ATOPAMOS AS RESPOSTAS E ESTAMOS A TRABALLAR CUN CONTO SOBRE ELES.
O XENIO DA BOTELLA CUMPRE DESEXOS, NÓS LEMOS UNHA HISTORIA DEL. TRABALLAMOS EN GRUPOS E INDIVIDUALMENTE PARA CUBRIR UN CADRO SOBRE QUE PEDIRIAMOS PARA AS MULLERES E PARA OS HOMES. VEREDES QUE RESULTADOS!!!

lunes, 7 de marzo de 2011

UN CONTO DE OSOS E OSAS CHEGOU ÁS NOSAS CASAS

LEVAMOS UN CONTO SOBRE UNHA FAMILIA DE OSOS, ESA FAMILIA TIÑA MOITAS TAREFAS QUE FACER E NÓS TIÑAMOS QUE SELECCIONALAS.
EN REALIDADE ERA UNHA ENQUISA PARA VER COMO DISTRIBUIAMOS AS TAREFAS E OS CUALIFICATIVOS EN FUNCIÓN DO XÉNERO, PARA VER QUE LLE POÑIAMOS ÁS NENAS E QUE AOS NENOS, QUE ÁS MULLERES E QUE AOS HOMES... OS RESULTADOS FORON MOI CURIOSOS... VOLOS POÑEREMOS A CONTINUACIÓN.É INCRIBLE O QUE INDA NOS QUEDA POR AVANZAR!!!

viernes, 4 de marzo de 2011

NON ERA HAMELÍN PERO CASE...

FOMOS DE RATIÑAS E RATIÑOS... SEGUIAMOS ÁS FRAUTISTAS. MIRÁDENOS NAS FOTOS XUNTO CO RESTO DE INFANTIL.