OLA!. XA ESTAMOS EN 6º!



AS NOSAS MASCOTAS ZOE, BALSI E SALTARÍN DEIXARÁN AQUÍ MOITAS MENSAXES. PODEREMOS VER MOITAS DAS NOSAS ACTIVIDADES DO COLEXIO . TAMÉN VISITAREMOS PÁXINAS MOI INTERESANTES, FOTOS E POÑEREMOS XOGOS PARA PRACTICAR.

viernes, 21 de diciembre de 2012

REMATA O TRIMESTRE... IMOS DE VACACIÓNS!

DESPOIS DE TANTO TRABALLO... TÓCANOS DESCANSAR!
PERO...
ANTES SABOREAREMOS UNHA CHOCOLATADA CON ROSCA...
CO QUE NON CONTABAMOS É COA VISITA ADIANTADA DE PAPÁ NOËL, QUE XA NOS DIXO QUE COMO TRABALLARAMOS ARREO, DARÍANOS UN DETALLIÑO...


FELIZ 2013! DEICA XANEIRO!

jueves, 13 de diciembre de 2012

12-12-12 ÁS 12: HOMENAXE A CELSO EMILIO

ONTE, CON TODO O COLEXIO, ESTIVEMOS NO PATIO PARA CELEBRAR O CENTENARIO DO NACEMENTO DE CELSO EMILIO FERREIRO.
DURANTE UNS DÍAS ESTIVEMOS A TRABALLAR COA SÚA BIOGRAFÍA E COA SÚA OBRA, SOBRE TODO CON ALGÚN DOS SEUS POEMAS...


martes, 4 de diciembre de 2012

A VISITA DE ANXO MOURE

O LUNS, 3 DE DECEMBRO, ANXO MOURE VEU AO COLEXIO. FALOUNOS DE COUSAS DAS ÁRBORES, DOS LIBROS, DA IMAXINACIÓN.
TROUXO UN CARBALLO CON BOTAS, UN CABALO, UN SOMBREIRO DE TRASNO, UN MIRAMUNDO,...
XOGAMOS, FALAMOS, ....

IMOS SEGUIR TRABALLANDO CO LIBRO E... SABEDES? O LIBRO DEU LUGAR A QUE INICIEMOS UN NOVO PROXECTO. TRABALLAREMOS SOBRE AS PLANTAS E AS ÁRBORES.

viernes, 23 de noviembre de 2012

PLANTANDO LANDRAS

LENDO O LIBRO "O CARBALLO CON BOTAS" PENSAMOS QUE ERA UNHA BOA IDEA PLANTAR LANDRAS. NÓS NON O FIXEMOS EN BOTAS... FIXÉMOLO EN BOTES.

jueves, 22 de noviembre de 2012

O CARBALLO CON BOTAS

DENDE HAI VARIOS DÍAS ESTAMOS A TRABALLAR CUN LIBRO FERMOSO: O CARBALLO CON BOTAS.
ESCRIBIUNO ANXO MOURE, ESTE ESCRITOR VAI VIR VISITARNOS AO COLEXIO E NÓS IMOS PREGUNTARLLE MOITAS COUSAS SOBRE O SEU LIBRO.
TEMOS ELABORADO UN CADERNIÑO E...
SABEDES? O CONTO FALA DE COMO PLANTAR LANDRAS PARA TER CARBALLOS, DOS INCENDIOS, DA GUERRA,...
AS ILUSTRACIÓNS SON PRECIOSÍIIIISIMAS.

martes, 20 de noviembre de 2012

MALALA E O DEREITO A EDUCACIÓN

UNHA NOVA TEMÁTICA NOS OCUPA ESTES DÍAS: OS DEREITOS DAS NENAS E DOS NENOS. O ARTIGO 7 DI QUE TEMOS DEREITO Á EDUCACIÓN, POR ISO ESTAMOS APRENDENDO QUE SIGNIFICA ISO.
 TRABALLAMOS CUN CONTO E COA BIOGRAFÍA DE MALALA.
SABÍAS QUE NALGÚNS PAÍSES ÁS NENAS NON LLES PERMITEN ASISTIR Á ESCOLA? UN XEITO DE DISCRIMINACIÓN E DE MALTRATO ÁS MULLERES É IMPEDIRLLES DESENVOLVERSE.
MALALA LOITOU CONTRA ISO E DENUNCIOU CUN BLOG O QUE ESTABA PASANDO NA SÚA CIDADE.


NÓS IMOS ESCRIBIR PALABRAS FERMOSAS E ADORNAR O COLEXIO CON ELAS PARA REINVIDICAR ESE DEREITO TAN IMPORTANTE E PARA APOIAR A LOITA DE MALALA.

martes, 13 de noviembre de 2012

lunes, 12 de noviembre de 2012

AO REDOR DO OUTONO, NO MAGOSTO

ESTA TEMÁTICA DEUNOS PARA TRABALLAR MOITAS COUSAS:
  • - INVESTIGAR SOBRE OS ANIMAIS NO OUTONO 
  • - ELABORAR CARTEIS PARA A EXPOSICIÓN SOBRE O QUE INVESTIGAMOS
  •  - FACER COLAXE CON ELEMENTOS DO OUTONO 
  • - LER O LIBRO "O CARBALLO CON BOTAS" -...


domingo, 11 de noviembre de 2012

O NOSO 1º MAGOSTO NO 1º CICLO

DESPOIS DE BOTAR VARIOS DÍAS INVESTIGANDO E LENDO SOBRE O OUTONO, A VIDA DOS ANIMAIS NESTA ESTACIÓN,... CHEGOU O MOMENTO DE IR Á CELEBRACIÓN MÁIS COÑECIDA DO OUTONO. XOGAMOS, BAILAMOS, COMPETIMOS E... COMEMOS UNHAS DELICIOSAS CASTAÑAS ASADAS!

martes, 30 de octubre de 2012

APRENDER A TRABALLAR EN EQUIPO E COLABORAR

NESTE CURSO CONTINUAMOS APRENDENDO A TRABALLAR EN EQUIPO E COLABORAR.
  • ELABORAMOS AS NOSAS NORMAS 
  • DESEÑAMOS OS ESCUDOS DE EQUIPO 
  • COLABORAMOS E AXUDAMOS


viernes, 26 de octubre de 2012

LAMPI PÍDENOS AXUDA.

LAMPI, A MASCOTA DA BIBLIOTECA, DECIDIU AXUDARNOS CO PROXECTO DA EXPOSICIÓN DO OUTONO. ASÍ QUE ALÁ SE PUXO A BUSCAR LIBROS E POÑELOS NO EXPOSITOR... CASE LLE DÁ UN PATATÚS CANDO NON ATOPOU O SEU LIBRO FAVORITO, DEL SÓ QUEDABAN UNHAS FOLLAS. ASÍ QUE NOS MANDOU UNHA CARTA PARA QUE O AXUDARAMOS. FOMOS Á BIBLIOTECA, LEMOS AS PÁXINAS QUE QUEDARAN E DESPOIS EN EQUIPOS COOPERATIVOS PUXÉMONOS A TRABALLAR! CREO QUE NOS QUEDOU BASTANTE BEN O QUE FALTABA, A VER SE LLE GUSTA A LAMPI.

lunes, 8 de octubre de 2012

OS NOSOS PROXECTOS

NESTAS SEMANAS ESTAMOS A TRABALLAR SOBRE DOUS NOVOS PROXECTOS: AS FOCAS OS OSOS. TEMOS UNHA CHEA DE INFORMACIÓN XA.
PROXECTO
MIRADE ESTES VÍDEOS

miércoles, 3 de octubre de 2012

CANTO TRABALLO TEMOS!

AS MASCOTAS DE 1º NON PUIDEMOS ESCRIBIR NADIÑA NO BLOG PORQUE ANDAMOS ATAREFADÍSIMAS. ESTAMOS MANDANDO CARTAS ÁS CLASES DE 1º, PERO COMO INDA ESCRIBIMOS MOI LENTIÑO EN CURSIVAS TARDAMOS MOITÍIIIIIIISIMO EN REMATAR CADA CARTA. A VERDADE É QUE A LETRA ESA É MOI BONITA E GÚSTANOS PRACTICAR CON ELA. AS NENAS E OS NENOS ESTÁN TAMÉN REMATANDO UN PROXECTO SOBRE GROENLANDIA... QUE DE COUSAS APRENDERON. AGORA VAN FACER OS ESQUEMAS, SEGURAMENTE UN DIAGRAMA DE ESFERAS... XA VOS AMOSAREMOS FOTOS. ESTE PROXECTO SOBRE GROENLANDIA ENCHEUNOS DE CURIOSIDADE... TANTO QUE XA ENGANCHAMOS CUN NOVO PROXECTO SOBRE ANIMAIS... QUE ANIMAIS? POIS...
foca oso

lunes, 10 de septiembre de 2012

XA ESTAMOS EN 1º!

CHEGA SETEMBRO E... XA ESTAMOS EN 1º. O VINDEIRO DÍA 12 ENTRAREMOS NOUTRA ETAPA. XA COÑECEMOS COMO É 1º PORQUE VISITAMOS AS AULAS O CURSO PASADO... PERO AGORA NON SERÁ UNHA VISITA... QUEDAREMOS TODO O CURSO! QUE EMOCIÓN!
AS NOSAS MASCOTAS VAN ACOMPAÑARNOS TAMÉN NESTA NOVA ANDAINA.
DEICA PRONTIÑO!!!!!

viernes, 22 de junio de 2012

IMOS DE VACACIÓNS!!!

XA É 22 DE XUÑO. AS NENAS E OS NENOS DE INFANTIL DE 5 ANOS IMOS DE VACACIÓNS.
AS MASCOTAS QUEDAN FACENDO FOTOS E O PROFESORADO TRABALLANDO UNS DÍAS MÁIS.
VÉMONOS EN 1º O VINDEIRO CURSO!
BICOS
BO VERÁN
DEIXÁMOSVOS CON ALGUNHAS FOTOS DE GRUPO

NAS AULAS ORGANIZÁRONSE FESTAS PARA DESPEDIR O CURSO. NÓS TIVEMOS A NOSA FESTA NO COMEDOR. ADEMAIS NO PATIO ASISTIMOS Á REPRESENTACIÓN DA OBRA DE TEATRO "O ARCO DA VELLA" COA ACTUACIÓN FANTÁSTICA DO ALUMNADO DE 5 ANOS C. DESPOIS PARTICIPAMOS NO BAILE, ONDE GOZAMOS COAS DANZAS APRENDIDAS NA CLASE CON LOLA.
-

viernes, 15 de junio de 2012

FOMOS VISITAR 1º

FORMANDO PARTE DO PLAN DE ACOLLIDAS FOMOS VISITAR 1º.
O VINDEIRO CURSO PASAREMOS A PRIMARIA... ASÍ QUE FOMOS VER COMO É ISO DE ESTAR EN 1º. LEVAMOS MOITAS PREGUNTAS. VIMOS OS MATERIAIS E A AXENDA.
SABEDES? NON LEVAN MANDILÓN.. É XENIAL!
COMPARTIMOS ASENTO E FIXEMOS UNHA TAREFA CONXUNTA.
LEVÁMOSLLES UN AGASALLO E DÉRONNOS OUTRO MOI BONITO.

OS ANIVERSARIOS DO 3º TRIMESTRE

FELICIDADES A TODAS E A TODOS!

CELEBRAMOS UNHA FESTA DE ANIVERSARIO

jueves, 14 de junio de 2012

AS NOTICIAS DO CURSO

AS NENAS E NENOS DURANTE TODO O CURSO TROUXEMOS SEMANALMENTE UNHA NOTICIA QUE TIÑAMOS QUE EXPLICAR AO RESTO DOS NOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS, REMATABAMOS A ACTIVIDADE FACENDO UN DEBUXO SOBRE O TEMA DA NOTICIA, ENTERÁMONOS DE MOITAS COUSAS QUE PASARON DURANTE ESTE CURSO.


domingo, 10 de junio de 2012

ARETHA FRANKLIN, PIPPI CALZALARGAS E ADELA TURÍN

ALGUNHAS DAS PERSOAS E PERSOAXES QUE TRABALLAMOS NA ÉPOCA EN QUE VIVIU MERCEDES RUIBAL SON: A GRAN CANTANTE DE SOUL ARETHA FRANKLIN, O PERSONAXE PIPPI CREADO POR ASTRID LINDGREN E ARTURO E CLEMENTINA DE ADELA TURÍN. FIXEMOS DEBUXOS E QUEDÁRONNOS ASÍ DE BEN, MIRADE.

viernes, 8 de junio de 2012

LEMOS O LIBRO "BESOS PARA CADA MOMENTO"

LEMOS NA CLASE O LIBRO "BESOS PARA CADA MOMENTO" ESTES DÍAS E TRABALLAMOS ALGUNHAS PALABRAS E IMAXES DEL. HOXE, RELACIONADO CO LIBRO, VEU UN ANIMADOR Á BIBLIOTECA. PASÁMOLO MOI BEN! TAMÉN DEMOS BICOS DIFERENTES, ALGÚN ENORMES E OUTROS MOI BARULLENTOS.

lunes, 4 de junio de 2012

YOYA

A NAI DE MERCEDES RUIBAL: "YOYA" TAMÉN FOI PINTORA A PARTIR DOS SEUS 70 ANOS E FIXO TRES EXPOSICIÓNS. NÓS FIXEMOS UNHA REPRODUCIÓN DUN DOS SEUS CUADROS E TAMÉN NÓS FIXEMOS FOTOS SEUS CADROS QUE TROUXO A PROFE.

lunes, 28 de mayo de 2012

DEBUXOS MERCEDES RUIBAL

AS NENAS E NENOS XA COMEZAMOS A EXPERIMENTAR SOBRE A PINTURA DE MERCEDES E XA FIXEMOS ALGÚNS DEBUXOS SOBRE OS SEUS CADROS.

- ATENEA:


- OS MÚSICOS


- MEGATERIO


- REUNIÓN


- PRESENTACIÓN EN SOCIEDADE


- O CREGO

PINTORAS GALEGAS

ESTIVEMOS VENDO UN VIDEO SOBRE PINTORAS GALEGAS, GUSTÁRONNOS MOITO TODOS OS CADROS E A MÚSICA "MOURA" DE CARLOS NUÑEZ TAMÉN.PICADE NA FOTO DE MERCEDES RUIBAL E VEREDES.

viernes, 25 de mayo de 2012

TRABALLAMOS SOBRE UNHA PINTORA

O NOSO NOVO PROXECTO ESTÁ RELACIONADO CUNHA PINTORA. O SEU APELIDO É RUIBAL. XA FIXEMOS QUE SABEMOS?

E DENDE HAI UNS DÍAS ESTAMOS TRABALLANDO SOBRE ELA.
QUE QUEREMOS SABER?


ONDE BUSCAMOS INFORMACIÓN?

OS NOSOS POEMAS DO XX CERTAME DE POESÍA

PARTICIPAMOS CO RESTO DO COLEXIO NO CERTAME DE POESÍA, ESTE ANO É O CERTAME Nº 20. QUEDÁRONNOS UNHAS POESÍAS ESTUPENDAS E FOMOS LELAS AO PATIO.

sábado, 12 de mayo de 2012

A PERSISTENCIA DA MEMORIA

REMATAMOS O CADRO DE DALÍ, UTILIZAMOS UN MONTÓN DE TÉCNICAS E MATERIAS. AS NOSAS MASCOTAS ESTÁN MOI CONTENTAS CO RESULTADO E NOS TAMÉN.

viernes, 11 de mayo de 2012

LIM DALÍ

OLA A TODAS E TODOS,REMATAMOS CON DALÍ, SOAMENTE QUÉDANOS POR COLGAR O NOSA VERSIÓN SOBRE O CADRO "A PERSISTENCIA DA MEMORIA", PERO XA TEMOS REMATADO O LIM CON CASE TODA A INFORMACIÓN QUE APRENDEMOS. AQUÍ OS QUEDA PARA QUE XOGUEDES E SIGADES APRENDENDO. PASÁDEO MOIIII BEEEEEN!!.

lunes, 30 de abril de 2012

AS NOSAS MASCOTAS MÉTENNOS NOUTRA LEA

XA HAI VARIAS SEMANAS QUE AS NOSAS MASCOTAS NOS MANDARON UNHA CARTA PARA INVESTIGAR SOBRE A UNIÓN EUROPEA. ESTAMOS BUSCANDO INFORMACIÓN SOBRE O PAÍS QUE NOS TOCOU: RUSIA, SUECIA,... TEREMOS QUE FACER DESPOIS UN MAPA MENTAL PARA POÑER NAS ESCALEIRAS DO COLEXIO. AQUÍ ESTAMOS CON ALGUNHA DAS INFORMACIÓNS QUE TROUXEMOS:

jueves, 26 de abril de 2012

O PRINCIPIÑO


ESTAMOS COÑECENDO A ESCRITORES DA ÉPOCA DE DALÍ, IMOS TRABALLAR
ALGO DE LORCA E DE ANTOINE DE SAINT EXUPÉRY SABEMOS QUE ERA FRANCÉS. ADEMAIS DE ESCRIBIR TAMÉN ERA AVIADOR. "O PRINCIPIÑO" NOS ESTÁ ENCANTANDO, OS POÑEMOS DÚAS VERSIÓNS DA HISTORIA. PASÁDEO BEN!!.

domingo, 22 de abril de 2012

O PEQUENO DALÍ E O SONO DE DALÍ

ATOPAMOS DOUS CONTOS SOBRE DALÍ QUE GUSTÁRONNOS MOITO E QUEREMOS COMPARTIR. SE CLICADES NAS FOTOS PODEREDES VELOS.

viernes, 20 de abril de 2012

DALÍ E WALT DISNEY

DALÍ ADEMAIS DE PINTAR FIXO COLABORACIÓNS NO CINE CON ALFRED HITCHCOOK NA PELÍCULA "RECUERDA". TAMÉN CON BUÑUEL "UN PERRO ANDALUZ" E CON WALT DISNEY FIXO "DESTINO",AÍNDA QUE NON A REMATOU ÉL. SE CLICADES NA FOTO VEREDES A PARTE QUE FIXO DALÍ.

miércoles, 18 de abril de 2012

FOTOS E CADROS DE DALÍ

ATOPAMOS VARIOS VIDEOS EN YOUTUBE SOBRE DALÍ, IMOS POÑER AQUÍ UN PARA QUE VEXADES QUE ERA UN XENIO PINTANDO, PERO PODEDES VER MÁIS. CLICADE NA FOTO.

ESTA É A VERSIÓN QUE FIXEMOS NOS

MIRADE QUE RETRATOS E DEBUXOS TAN ESTUPENDOS FIXEMOS DE DALÍ

E TAMÉN PLAXIAMOS O SEU CADRO DOS RELOXOS...

domingo, 15 de abril de 2012

DALÍ

COMEZAMOS NOVO PROXECTO SOBRE PINTORES, AGORA TÓCANOS DALÍ, PINTOR SURREALISTA, TEMOS MOITAS GANAS DE SABER COUSAS DE SALVADOR, POR ISO, XA FIXEMOS AS IDEAS PREVIAS DO QUE SABEMOS, O QUE QUEREMOS SABER E ONDE IMOS BUSCAR.
MIRADE ESTES OUTROS ELEMENTOS DO PROXECTO:

martes, 10 de abril de 2012

CADRO MONDRIAN

MIRADE COMO NOS QUEDOU O CADRO ELABORADO POR 6º E NÓS. TRABALLAMOS MEDIDAS, FORMAS E AS CORES BÁSICAS. QUEDOU ASÍ DE BONITO.

domingo, 8 de abril de 2012

CÁMARA DE FOTOS

A PROFE MARI TROÚXONOS DA SÚA CASA UNHA CÁMARA DE FOTOS ANTIGA, É MOI BONITA E NON SE PARECE NADA DE NADA AS QUE TEMOS HOXE. MIRADE AS FOTOS.

jueves, 5 de abril de 2012

INVENTOS DO SÉCULO XX

NO SÉCULO XX HOUBERON INVENTOS ESTUPENDOS E GRANDES AVANCES CIENTÍFICOS. NÓS IMOS TRABALLAR NO LABORATORIO CON INVENTOS DESTE SÉCULO E DE SÉCULOS ANTERIORES: VEREMOS PILAS, FAREMOS PILAS CON FROITAS E LEGUMES...
APROVEITAREMOS PARA TRABALLAR COAS CORES CON QUE TRABALLAN AS NOSAS E OS NOSOS ARTISTAS INVESTIGADAS, EXPERIMETAREMOS COAS CORES.TAMÉN VEREMOS COUSAS EN MICROSCOPIOS E LUPAS
MIRADE QUE FOTOS!.
<embed type="application/x-shockwave-flash" src="https://picasaweb.google.com/s/c/bin/slideshow.swf" width="288" height="192" flashvars="host=picasaweb.google.com&hl=es&feat=flashalbum&RGB=0x000000&feed=https%3A%2F%2Fpicasaweb.google.com%2Fdata%2Ffeed%2Fapi%2Fuser%2F115463133183980856190%2Falbumid%2F5734243106239132353%3Falt%3Drss%26kind%3Dphoto%26hl%3Des" pluginspage="http://www.macromedia.com/go/getflashplayer"></embed>

martes, 3 de abril de 2012

DEBUXOS MONDRIAN

MIRADE QUE DEBUXOS FIXERON OS NENOS E NENAS; SOBRE MONDRIAN, AS MASCOTAS ESTÁN MOI CONTENTAS CO RESULTADO DO TRABALLO, E VOS?
<embed type="application/x-shockwave-flash" src="https://picasaweb.google.com/s/c/bin/slideshow.swf" width="288" height="192" flashvars="host=picasaweb.google.com&hl=es&feat=flashalbum&RGB=0x000000&feed=https%3A%2F%2Fpicasaweb.google.com%2Fdata%2Ffeed%2Fapi%2Fuser%2F115463133183980856190%2Falbumid%2F5731278632818217809%3Falt%3Drss%26kind%3Dphoto%26hl%3Des" pluginspage="http://www.macromedia.com/go/getflashplayer"></embed>

jueves, 29 de marzo de 2012

PICASSO

XA SABEMOS QUE ERA DA MESMA ÉPOCA QUE MONDRIAN.¿QUEREDES VER COMO PINTABA PICASSO EN DIRECTO???, POIS CLICADE NAS FOTOS E VEREDES COMO O FACÍA, HAI QUE VER QUE CLARO TIÑA TODO.


ANIVERSARIOS DE 2º TRIMESTRE

NESTE TRIMESTRE CUMPRIRON ANOS VARIAS NENAS E VARIOS NENOS: FELICIDADES!

lunes, 26 de marzo de 2012

REMATANDO MONDRIAN

XA ESTAMOS REMATANDO MONDRIAN, AÍNDA QUE O RETOMAREMOS A PRIMEIRA SEMANA DESPOIS DAS VACACIÓNS PARA FACER CON 6º O TALLER DE LABORATORIO SOBRE A ELECTRICIDADE, POR ISO DOS INVENTOS DA ÉPOCA DE ESTE PINTOR. DE TODOS OS XEITOS PARA QUE POIDADES PRACTICAR ATA A VOLTA. DEIXAMOS O LIM SOBRE TODO O QUE APRENDEMOS SOBRE MONDRIAN, DO QUE REALMENTE DESCUBRIMOS MOITAS COUSAS INTERESANTÍSIMAS. QUE O PASEDES BEN.
ANTES DE ELABORAR AS NOSAS OBRAS VISITAMOS AS OBRAS REALIZADAS POR OUTRO ALUMNADO DO COLE SOBRE MONDRIAN E PICASSO IMITAMOS A MONDRIAN CON CERAS, GOMETS, CAIXAS DE MISTOS,...

domingo, 25 de marzo de 2012

PROKOFIEV

TAMÉN TRABALLAMOS A PROKOFIEV, MÚSICO RUSO E AQUÍ VEREDES UNHA DAS SÚAS OBRAS . "PEDRO Y EL LOBO". TAMÉN CON ANIMACIÓN DISNEY. VAIVOS GUSTAR, VEREDES.

GERSHWING

ADEMAIS DE BAILAR O CHARLESTÓN, PROPIO DA ÉPOCA. OUTRO MÚSICO QUE TRABALLAMOS FOI GERSHWING. GUSTÁBALLE MOITO O JAZZ E ESCOITAMOS VARIOS BOOGIE WOOGIE . SE PICADES NA FOTO PODEDES VER E ESCOITAR A RHAPSODY IN BLUE, O VIDEO É DA PELI FANTASÍA

sábado, 24 de marzo de 2012

MANUEL DE FALLA

ATOPAMOS UN BILLETE DE FINAIS DO SÉCULO XIX, NO QUE SAE A CARA DE MANUEL DE FALLA, MÚSICO DA MESMA ÉPOCA QUE MONDRIAN. SE PICADES NO BILLETE PODEDES VER E ESCOITAR UN  CONCERTO CUNHA DAS SÚAS OBRAS MÁIS COÑECIDAS "LA DANZA DEL FUEGO" E DIRIXIDA POR BARENBOIM, FIXÁDEVOS NOS INSTRUMENTOS, E SE QUEREDES ATOPAREDES OUTRAS COMO "AMOR BRUJO",
 " SOMBRERO DE TRES PICOS". VEREDES COMO VOS VAI GUSTAR.

lunes, 19 de marzo de 2012

sábado, 17 de marzo de 2012

O CINE DE PRINCIPIOS DO SÉCULO XX

INVESTIGANDO A MONDRIAN ENTERÁMONOS DE MOITOS INVENTOS DA ÉPOCA, UN DELES FOI O CINE E ESTAMOS VENDO DEBUXOS , DE FELIX O GATO E AS PRIMEIRAS PELIS DE MICKEY.AQUI POÑEMOS DÚAS PERO SEGUIDE BUSCANDO QUE HAI MOITAS,. CLICADE NAS FOTOS E PODEDES VER VIDEOS DA ÉPOCA.
TAMÉN VIMOS VIDEOS, COMO NO!!!!, DE CHARLOT(PODEDES VER OUTRAS COMO   O CIRCO), E DE O GORDO EO FLACO,(HAI OUTRA MOI SIMPÁTICA QUE SE CHAMA JE, JE, JE, O PIANO).PODEDES SEGUIR INVESTIGANDO QUE HAI MOITAS.





TAMÉN ATOPAMOS A BETTY BOOP E HAROLD LLOYD.






LAMPI MANDOUNOS LIBROS DA BIBLIOTECA SOBRE OS PRINCIPIOS DO CINE E OS INVENTOS UN BAILE, O CHARLESTÓN, CHÁMONOS MOITO A ATENCIÓN. DEBUXÁMOLO ASÍ:

viernes, 16 de marzo de 2012

DAMOS UNHA CONFERENCIA A 6º SOBRE VAN GOGH

O ALUMNADO DE 6º ESTIVO TRABALLANDO SOBRE UN CADRO DE VAN GOGH E CANDO NOS ENTERAMOS PARECEUNOS XENIAL CONTARLLES TODO O QUE SABEMOS DESE PINTOR, ASÍ QUE HOXE DÉMOSLLES UNHA CONFERENCIA ESTUPENDA. TEMOS MOOOOOITAS FOTOS. XA VEREDES.

ENSINÁMOSLLES TAMÉN O CADRO DOS XIRASOLES... E ESPLICÁMOSLLES COMO O FIXEMOS

miércoles, 14 de marzo de 2012

LEMOS A PRENSA CON 6º

CO GALLO DA SEMANA DA PRENSA O ALUMNADO DE 6º CONVIDOUNOS A LER A PRENSA CON EL. FOI UNHA SESIÓN MOI INTERESANTE

lunes, 12 de marzo de 2012

QUE MONTAXES MAIS BONITAS DE MONDRIAN

ESTIVEMOS BUSCANDO VIDEOS SOBRE MONDRIAN E ATOPAMOS VARIOS TAN BONITOS QUE MERECE A PENA VELOS.
TAMÉN NOS ENTERÁMOS QUE MONDRIAN GUSTÁBALLE MOITO O JAZZ, PRONTO ESCOITAREMOS NAS AULAS E  CON LOLA ESTE TIPO DE MÚSICA.PARA VER ESTE VIDEO CON VARIOS DOS SEUS CADROS EN TRANSICIÓN, CLICADE AQUÍ.
NESTE OUTRO VIDEO VEREDES A MONDRIAN  E A SÚA EVOLUCIÓN PICTÓRICA MONTANDO OS CADROS. A MÚSICA QUE TEN É UN BOOGIE WOOGIE,CLICADE AQUÍ. NESTE OUTRO VEREDES A TRANSICIÓN DE OBRAS CON O MESMO TIPO DE MÚSICA DE ANTES, CLICADE AQUÍ. MIRADE OUTRO FACENDO OS CADROS CON MOVEMENTO ,CLICADE AQUI. A VERDADE QUE HAI MOITOS, PERO PARA REMATAR OS POÑEMOS UN EN 3 DIMENSIÓNS, CLICADE AQUI
E NÓS MENTRES PINTANDO CON TÉMPERAS
Usamos as témperas

MONDRIAN


XA COMEZAMOS A TRABALLAR O SEGUINTE PINTOR, MONDRIAN, E O ALUMNADO DE 6º VAINOS A AXUDAR A FACER O CADRO BROADWAY BOOGIE, CANDO O REMATEMOS O VEREDES.

MENTRES NO NOSO PROXECTO FALAMOS DO QUE SABIAMOS, DO QUE CRIAMOS... DAS NOSAS IDEAS PREVIAS SOBRE MONDRIAN
DECIDIMOS QUE QUERIAMOS SABER
E INDICAMOS ONDE BUSCAR INFORMACIÓN

jueves, 8 de marzo de 2012

8 DE MARZO

NESTE DÍA TAN SEÑALADO DAS MULLERES TRABALLADORAS E XA QUE ESTAMOS CON ESTE GRAN PROXECTO DE ARTE, NON PODÍA FALTAR A IMPORTANCIA DO REFLEXO DA MULLER NA ARTE PICTÓRICA. PARA VER O VÍDEO CLICADE AQUÍ.

miércoles, 29 de febrero de 2012

ROSALÍA DE CASTRO

PARA CELEBRAR O 175 ANIVERSARIO DO SEU NACEMENTO,TRABALLAMOS A VIDA, POEMAS E VIMOS VIDEOS MUSICADOS DALGUNHA POESÍA.
A CLASE DE 5 ANOS C FIXO ESTE VIDEO, MIRADE QUE BEN QUEDOU.


DESPOIS CONVIDAMOS AS OUTRAS CLASES A VELO

domingo, 19 de febrero de 2012

CELEBRAMOS O ENTROIDO

NA CELEBRACIÓN DO ENTROIDO TRABALLAMOS MOITO:
AXUDAMOS A FACER O GALO E A POÑERLLE AS PLUMAS QUE LLE FIXERAMOS
DISFRAZÁMONOS NÓS E ALGUNHAS DAS NOSAS BONECAS
TIRAMOS UNHAS FOTOS DE GRUPO ESTUPENDAS
E DESFILAMOS COA MÚSICA.

lunes, 13 de febrero de 2012

MINIPROXECTO SEURAT

COMEZAMOS A TRABALLAR A SEURAT, PERO COMO É  DA MESMA ÉPOCA DE VAN GOGH, SOAMENTE TRABALLAMOS A SÚA TÉCNICA PUNTILLISTA
VELAQUÍ OS CADROS QUE FIXEMOS CON ESA TÉCNICA

A INFORMACIÓN QUE RECOLLEMOS SOBRE SEURAT E QUE TROUXEMOS DA CASA PUXÉMOLA ONDA A DO RESTO DOS PINTORES

jueves, 9 de febrero de 2012

jueves, 2 de febrero de 2012

OS XIRASOLES E O AUTORRETRATO

TRABALLAMOS MOITOS CADROS DE VINCENT, AQUÍ POÑEMOS ESTES DOUS QUE QUEDARON PRECIOSIIIIIÍSIMOS.
EI 5C




ELABORANDO CADRO XIRASOLES

A PIQUES DE REMATAR O PROXECTO DE VAN GOGH

POUCO NOS QUEDA POR VER DE VAN GOGH E COMEZAREMOS CON OUTRO PINTOR, AGORA DEIXÁMOSVOS NESTE LIM TODO O QUE APRENDEMOS...REALMENTE FOI MOITIIIIíSIMO!

martes, 24 de enero de 2012

PROCESO PROXECTO DE VAN GOGH

XA LEVAMOS DENDE ANTES DAS VACACIÓNS TRABALLANDO SOBRE VAN GOGH, EN BREVE XA TEREMOS OUTRO CADRO PARA A EXPOSICIÓN. AGORA IDES VER O PROCESO DO PROXECTO.







TAMÉN POÑEMOS UN ENLACE PARA QUE VEXADES O CONTO DE "CAMILLE Y LOS GIRASOLES", CLICADE AQUI

martes, 17 de enero de 2012

ESTAMOS TRABALLANDO SOBRE AS SUPERSTICIÓNS

AS NENAS E NENOS DE 5 ANOS ESTAMOS TRABALLANDO AS COUSAS QUE DAN BOA E MALA SORTE, E FAREMOS COAS NOSAS MASCOTAS UN CÓMIC.XA VEREMOS DE QUE VAI,

AGORA PODEDES VER AS SUPERSTICIÓNS QUE TROUXEMOS AO COLE E O TRABALLO SOBRE OS AMULETOS DE SARGADELOS

jueves, 12 de enero de 2012

SALTARÍN, ZOE E BALSI MANDARON UNHA CARTA

XA ANTES DA VACACIÓNS LAMPI PUXERA CARTAS POLO COLE... E AGORA AS MASCOTAS MANDÁRONNOS CARTAS... QUEREN SABER COUSAS SOBRE AS SUPERSTICIÓNS!!! ASÍ QUE NOS PUXEMOS MANS Á OBRA... INVESTIGAMOS SOBRE SUPERSTICIÓNS DE BOA E MALA SORTE... SOBRE AMULETOS... E LEMOS CÓMICS NOS QUE FALAN DE SUPERSTICIÓNS.
ATA VAN GOGH SEMELLA TERSE COMPINCHADO COAS MASCOTAS!
12 de enero de 2012