OLA!. XA ESTAMOS EN 6º!



AS NOSAS MASCOTAS ZOE, BALSI E SALTARÍN DEIXARÁN AQUÍ MOITAS MENSAXES. PODEREMOS VER MOITAS DAS NOSAS ACTIVIDADES DO COLEXIO . TAMÉN VISITAREMOS PÁXINAS MOI INTERESANTES, FOTOS E POÑEREMOS XOGOS PARA PRACTICAR.

jueves, 25 de noviembre de 2010

UNHA OBRA DE TEATRO NA CLASE: 6º FAI UNHA REPRESENTACIÓN PARA NÓS

ESTA SEMANA VIÑERON AS NENAS E OS NENOS DE 6º REPRESENTARNOS UNHA OBRA DE TEATRO.
GUSTOUNOS MOITO E DÉMOSLLES UN FORTE APLAUSO.

miércoles, 24 de noviembre de 2010

UN CARIÑÓMETRO PARA CATRO ANOS

EN INFANTIL DE TRES ANOS TIÑAMOS UN CARIÑÓMETRO NAS AULAS.
AGORA QUE SOMOS MÁIS GRANDES TAMÉN TEMOS UN. CON EL TRABALLAMOS AS NOSAS EMOCIÓNS, AS RELACIÓNS COAS COMPAÑEIRAS E COS COMPAÑEIROS,... XA VEREDES QUE GRÁFICAS MÁIS XEITOSAS NOS VAN QUEDANDO.

miércoles, 17 de noviembre de 2010

ESTAMOS DE ANIVERSARIO

O 20 DE NOVEMBRO CELÉBRASE O ANIVERSARIO DA APROBACIÓN DOS DEREITOS DAS NENAS E DOS NENOS. NÓS IMOS CELEBRALO CON ESTE CONTO:

miércoles, 10 de noviembre de 2010

CELEBRAMOS O MAGOSTO NO COLE

DENDE HAI DÍAS VIMOS TRABALLANDO SOBRE O MAGOSTO, QUE SIGNIFICA, QUE SE COME, CAL É A ÁRBORE PROTAGONISTA, QUE XOGOS E CANTIGAS SON TÍPICAS DESTA FESTA,...
O VENRES IMOS CELEBRAR O MAGOSTO NO COLEXIO, VAI HABER UNHA FOGUEIRA E ASAREMOS CASTAÑAS.
XA VEREDES QUE FOTOS!

miércoles, 3 de noviembre de 2010

SOMOS BOTÁNICAS E BOTÁNICOS

AS MASCOTAS REMITÍRONOS UNHA CARTA CONVIDÁNDONOS A SER CIENTÍFICAS E CIENTÍFICOS E INVESTIGAR SOBRE O CASTIÑEIRO. NISO ESTAMOS AGORA.

MASCOTILANDIA, 1 DE NOVEMBRO DE 2010

OLA OUTRA VEZ!
EN MASCOTILANDIA GÚSTANOS A CIENCIA. QUEREMOS SER MASCOTAS CIENTÍFICAS.
HAI UNHA CIENCIA QUE ESTUDA AS PLANTAS. SABEDES COMO SE CHAMA? CHÁMASE BOTÁNICA.
SABEDES COMO SE CHAMAN AS PERSOAS CIENTÍFICAS QUE ESTUDAN AS PLANTAS? CHÁMANSE BOTÁNICAS E BOTÁNICOS.
POR QUE NON XOGADES A SER BOTÁNICAS E BOTÁNICOS E INVESTIGADES SOBRE UNHA PLANTA QUE TEÑA QUE VER CO MAGOSTO?
SABEDES QUE PLANTA É?
É O CASTIÑEIRO.
FACEDE DESPOIS UM MURAL CO QUE INVESTIGUEDES,
MOITOS BICOS. TANTOS COMO CASTAÑAS NO MAGOSTO

A MASCOTA