OLA!. XA ESTAMOS EN 5º!



AS NOSAS MASCOTAS ZOE, BALSI E SALTARÍN DEIXARÁN AQUÍ MOITAS MENSAXES. PODEREMOS VER MOITAS DAS NOSAS ACTIVIDADES DO COLEXIO . TAMÉN VISITAREMOS PÁXINAS MOI INTERESANTES, FOTOS E POÑEREMOS XOGOS PARA PRACTICAR.

jueves, 26 de noviembre de 2015

AS NOSAS TRES MASCOTAS USAN TARXETAS PARA FELICITAR AS FESTAS

VEÑEN AS FESTAS DO INVERNO, AS DE DECEMBRO.
AS NOSAS MASCOTAS TEÑEN PROBLEMAS PARA REMITIR TANTAS POSTAIS, TEÑEN TANTAS AMIZADES!.
ESTES DÍAS REMITÍRONNOS UNHA CARTA PARA PEDIRNOS AXUDA E ADEMAIS DEIXÁRONNOS UNHA PRESENTACIÓN CON MODELOS DE TARXETAS E ALGUNHA TÉCNICA PARA FACELAS.
XA VOS CONTAREMOS COMO NOS SAÍRON

lunes, 23 de noviembre de 2015

4º CONTRA O MALTRATO DE XÉNERO

NESTES DÍAS ESTAMOS LENDO E TRABALLANDO CUNS CONTOS, POEMAS E HISTORIAS MOI ESPECIAIS.
A TRAVÉS DESTES CONTOS OBSERVAMOS SITUACIÓNS DE DISCRIMINACIÓN E FALAMOS SOBRE ELAS PARA PREVILAS.
NA CASA TAMÉN PODEDES FALAR SOBRE ESES TEMAS, TODOS OS TEXTOS TÉMOLOS NO NOSO BLOG DE VALORES

lunes, 9 de noviembre de 2015

REMATAMOS AS NOSAS INVESTIGACIÓNS E EXPERIMENTACIÓNS SOBRE AS PLANTAS

DENDE HAI DÍAS REMATAMOS A INVESTIGACIÓN SOBRE AS PLANTAS.
POR PARELLAS ESTIVEMOS A ELABORAR PRESENTACIÓNS EN POWER POINT QUE RECOLLESEN UN RESUMO DO APRENDIDO.
QUEDÁRONNOS MOI CHULAS!
OLLADE ALGÚN EXEMPLO:


martes, 3 de noviembre de 2015

TRABALLAMOS AO REDOR DO SAMAÍN

Nestes días estamos a traballar sobre as festas do outono, entre elas o Samaín e o Magosto.
Estivemos recollendo información na rede e despois practicamos na elaboración de documentos en internet.
Velaquí un exemplo: