OLA!. XA ESTAMOS EN 6º!



AS NOSAS MASCOTAS ZOE, BALSI E SALTARÍN DEIXARÁN AQUÍ MOITAS MENSAXES. PODEREMOS VER MOITAS DAS NOSAS ACTIVIDADES DO COLEXIO . TAMÉN VISITAREMOS PÁXINAS MOI INTERESANTES, FOTOS E POÑEREMOS XOGOS PARA PRACTICAR.

martes, 30 de octubre de 2012

APRENDER A TRABALLAR EN EQUIPO E COLABORAR

NESTE CURSO CONTINUAMOS APRENDENDO A TRABALLAR EN EQUIPO E COLABORAR.
  • ELABORAMOS AS NOSAS NORMAS 
  • DESEÑAMOS OS ESCUDOS DE EQUIPO 
  • COLABORAMOS E AXUDAMOS


viernes, 26 de octubre de 2012

LAMPI PÍDENOS AXUDA.

LAMPI, A MASCOTA DA BIBLIOTECA, DECIDIU AXUDARNOS CO PROXECTO DA EXPOSICIÓN DO OUTONO. ASÍ QUE ALÁ SE PUXO A BUSCAR LIBROS E POÑELOS NO EXPOSITOR... CASE LLE DÁ UN PATATÚS CANDO NON ATOPOU O SEU LIBRO FAVORITO, DEL SÓ QUEDABAN UNHAS FOLLAS. ASÍ QUE NOS MANDOU UNHA CARTA PARA QUE O AXUDARAMOS. FOMOS Á BIBLIOTECA, LEMOS AS PÁXINAS QUE QUEDARAN E DESPOIS EN EQUIPOS COOPERATIVOS PUXÉMONOS A TRABALLAR! CREO QUE NOS QUEDOU BASTANTE BEN O QUE FALTABA, A VER SE LLE GUSTA A LAMPI.

lunes, 8 de octubre de 2012

OS NOSOS PROXECTOS

NESTAS SEMANAS ESTAMOS A TRABALLAR SOBRE DOUS NOVOS PROXECTOS: AS FOCAS OS OSOS. TEMOS UNHA CHEA DE INFORMACIÓN XA.
PROXECTO
MIRADE ESTES VÍDEOS

miércoles, 3 de octubre de 2012

CANTO TRABALLO TEMOS!

AS MASCOTAS DE 1º NON PUIDEMOS ESCRIBIR NADIÑA NO BLOG PORQUE ANDAMOS ATAREFADÍSIMAS. ESTAMOS MANDANDO CARTAS ÁS CLASES DE 1º, PERO COMO INDA ESCRIBIMOS MOI LENTIÑO EN CURSIVAS TARDAMOS MOITÍIIIIIIISIMO EN REMATAR CADA CARTA. A VERDADE É QUE A LETRA ESA É MOI BONITA E GÚSTANOS PRACTICAR CON ELA. AS NENAS E OS NENOS ESTÁN TAMÉN REMATANDO UN PROXECTO SOBRE GROENLANDIA... QUE DE COUSAS APRENDERON. AGORA VAN FACER OS ESQUEMAS, SEGURAMENTE UN DIAGRAMA DE ESFERAS... XA VOS AMOSAREMOS FOTOS. ESTE PROXECTO SOBRE GROENLANDIA ENCHEUNOS DE CURIOSIDADE... TANTO QUE XA ENGANCHAMOS CUN NOVO PROXECTO SOBRE ANIMAIS... QUE ANIMAIS? POIS...
foca oso