OLA!. XA ESTAMOS EN 5º!



AS NOSAS MASCOTAS ZOE, BALSI E SALTARÍN DEIXARÁN AQUÍ MOITAS MENSAXES. PODEREMOS VER MOITAS DAS NOSAS ACTIVIDADES DO COLEXIO . TAMÉN VISITAREMOS PÁXINAS MOI INTERESANTES, FOTOS E POÑEREMOS XOGOS PARA PRACTICAR.

jueves, 23 de junio de 2011

ATA SETEMBRO!

IMOS DE VACACIÓNS.
AS MASCOTAS MARCHAMOS DESCANSAR, TAMÉN APROVEITAREMOS PARA LER OU PARA QUE NOS LEAN, XOGAREMOS MOITO E APRENDEREMOS COUSAS NOVAS NAS VIAXES.
VÉMONOS O 12 DE SETEMBRO!
ABURIÑO!!!

miércoles, 22 de junio de 2011

A PROFE MANOLI VAI XUBILAR


ESTE ANO DESPEDIMOS Á PROFE MANOLI QUE SE XUBILA.
DESEXAMOS QUE O PASE MOI BEN NA NOVA ETAPA QUE COMENZARÁ PORQUE O MERECE DESPOIS DE TANTO TRABALLO CONNOSCO.
GRAZAS PROFE POR TERNOS DEDICADO TANTO TEMPO E POR TERNOS ENSINADO TANTO.
BICOS, VISÍTANOS DE COTE.

FESTA FIN DE CURSO

PARA REMATAR O CURSO FIXEMOS UNHA FESTA ENORME NA QUE PARTICIPAMOS OS TRES NIVEIS DE INFANTIL DE CATRO.
FOI ESTUPENDO COMPARTIR XOGOS E MERENDA.

martes, 21 de junio de 2011

REMATAMOS O PROXECTO DAS ABELLAS

ELABORAMOS UNHA ÁRBORE CUNHA COLMEA E AS ABELLAS

E FIXEMOS OS MAPAS MENTAIS

SABEMOS TANTO DAS ABELLAS QUE CASE NOS PODEN CONVIDAR A DAR CONFERENCIAS!

lunes, 20 de junio de 2011

ALGÚNS DOS ANIVERSARIOS

AO LONGO DE TODO O CURSO CELEBRAMOS OS ANIVERSARIOS DAS NOSAS COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS. IMOS POÑERVOS AS FOTOS DUNHA DAS ÚLTIMAS CELEBRACIÓN. FELICIDADES

miércoles, 15 de junio de 2011

MÁIS SOBRE O PROXECTO DAS PLANTAS

FOMOS AO LABORATORIO VER PARTES DAS PLANTAS AXUDÁNDONOS COA LUPA BINOCULAR.
REALMENTE TEÑEN PELOS AS FOLLAS? COMO É UNHA RAÍZ? QUE TEÑEN AS FROITAS NA PARTE INFERIOR? TEÑEN PELOS OS TALOS? QUE HAI NAS FLORES?...
DESPOIS DE VER, TENTAMOS DEBUXAR O VISTO. AQUÍ ESTAMOS DURANTE E DESPOIS DA TAREFA...

AGORA AS SEMENTES QUE PLANTAMOS MEDRARON MOITO, MIRADE QUE FERMOSURA!

viernes, 10 de junio de 2011

MÁIS BOSQUES ESPECIAIS

COIDAR DOS BOSQUES PARÉCENOS MOI IMPORTANTE, MOITO MÁIS DESPOIS DE ESTAR TRABALLANDO SOBRE AS PLANTAS NUN PROXECTO. ASÍ QUE ELABORAMOS BOSQUES ESPECIAIS: DE PALABRAS, DE FOTOS, DE CARAS, DE IMAXES FANTÁSTICAS,....
FIXEMOS FLORES DE BOTELLAS DE PLÁSTICO,...
DEIXÁMOSVOS UNHA MOSTRA

miércoles, 8 de junio de 2011

OS NOSOS BOSQUES

PARA CONCIENZAR SOBRE O COIDADO DOS BOSQUES ELABORAMOS ÁRBORES DIFERENTES. AS NOSAS FAMILIAS COLABORARON MOOOOOOITO... MIRADE QUE FERMOSURA!