OLA!. XA ESTAMOS EN 5º!



AS NOSAS MASCOTAS ZOE, BALSI E SALTARÍN DEIXARÁN AQUÍ MOITAS MENSAXES. PODEREMOS VER MOITAS DAS NOSAS ACTIVIDADES DO COLEXIO . TAMÉN VISITAREMOS PÁXINAS MOI INTERESANTES, FOTOS E POÑEREMOS XOGOS PARA PRACTICAR.

jueves, 29 de marzo de 2012

PICASSO

XA SABEMOS QUE ERA DA MESMA ÉPOCA QUE MONDRIAN.¿QUEREDES VER COMO PINTABA PICASSO EN DIRECTO???, POIS CLICADE NAS FOTOS E VEREDES COMO O FACÍA, HAI QUE VER QUE CLARO TIÑA TODO.


ANIVERSARIOS DE 2º TRIMESTRE

NESTE TRIMESTRE CUMPRIRON ANOS VARIAS NENAS E VARIOS NENOS: FELICIDADES!

lunes, 26 de marzo de 2012

REMATANDO MONDRIAN

XA ESTAMOS REMATANDO MONDRIAN, AÍNDA QUE O RETOMAREMOS A PRIMEIRA SEMANA DESPOIS DAS VACACIÓNS PARA FACER CON 6º O TALLER DE LABORATORIO SOBRE A ELECTRICIDADE, POR ISO DOS INVENTOS DA ÉPOCA DE ESTE PINTOR. DE TODOS OS XEITOS PARA QUE POIDADES PRACTICAR ATA A VOLTA. DEIXAMOS O LIM SOBRE TODO O QUE APRENDEMOS SOBRE MONDRIAN, DO QUE REALMENTE DESCUBRIMOS MOITAS COUSAS INTERESANTÍSIMAS. QUE O PASEDES BEN.
ANTES DE ELABORAR AS NOSAS OBRAS VISITAMOS AS OBRAS REALIZADAS POR OUTRO ALUMNADO DO COLE SOBRE MONDRIAN E PICASSO IMITAMOS A MONDRIAN CON CERAS, GOMETS, CAIXAS DE MISTOS,...

domingo, 25 de marzo de 2012

PROKOFIEV

TAMÉN TRABALLAMOS A PROKOFIEV, MÚSICO RUSO E AQUÍ VEREDES UNHA DAS SÚAS OBRAS . "PEDRO Y EL LOBO". TAMÉN CON ANIMACIÓN DISNEY. VAIVOS GUSTAR, VEREDES.

GERSHWING

ADEMAIS DE BAILAR O CHARLESTÓN, PROPIO DA ÉPOCA. OUTRO MÚSICO QUE TRABALLAMOS FOI GERSHWING. GUSTÁBALLE MOITO O JAZZ E ESCOITAMOS VARIOS BOOGIE WOOGIE . SE PICADES NA FOTO PODEDES VER E ESCOITAR A RHAPSODY IN BLUE, O VIDEO É DA PELI FANTASÍA

sábado, 24 de marzo de 2012

MANUEL DE FALLA

ATOPAMOS UN BILLETE DE FINAIS DO SÉCULO XIX, NO QUE SAE A CARA DE MANUEL DE FALLA, MÚSICO DA MESMA ÉPOCA QUE MONDRIAN. SE PICADES NO BILLETE PODEDES VER E ESCOITAR UN  CONCERTO CUNHA DAS SÚAS OBRAS MÁIS COÑECIDAS "LA DANZA DEL FUEGO" E DIRIXIDA POR BARENBOIM, FIXÁDEVOS NOS INSTRUMENTOS, E SE QUEREDES ATOPAREDES OUTRAS COMO "AMOR BRUJO",
 " SOMBRERO DE TRES PICOS". VEREDES COMO VOS VAI GUSTAR.

lunes, 19 de marzo de 2012

sábado, 17 de marzo de 2012

O CINE DE PRINCIPIOS DO SÉCULO XX

INVESTIGANDO A MONDRIAN ENTERÁMONOS DE MOITOS INVENTOS DA ÉPOCA, UN DELES FOI O CINE E ESTAMOS VENDO DEBUXOS , DE FELIX O GATO E AS PRIMEIRAS PELIS DE MICKEY.AQUI POÑEMOS DÚAS PERO SEGUIDE BUSCANDO QUE HAI MOITAS,. CLICADE NAS FOTOS E PODEDES VER VIDEOS DA ÉPOCA.
TAMÉN VIMOS VIDEOS, COMO NO!!!!, DE CHARLOT(PODEDES VER OUTRAS COMO   O CIRCO), E DE O GORDO EO FLACO,(HAI OUTRA MOI SIMPÁTICA QUE SE CHAMA JE, JE, JE, O PIANO).PODEDES SEGUIR INVESTIGANDO QUE HAI MOITAS.





TAMÉN ATOPAMOS A BETTY BOOP E HAROLD LLOYD.






LAMPI MANDOUNOS LIBROS DA BIBLIOTECA SOBRE OS PRINCIPIOS DO CINE E OS INVENTOS UN BAILE, O CHARLESTÓN, CHÁMONOS MOITO A ATENCIÓN. DEBUXÁMOLO ASÍ:

viernes, 16 de marzo de 2012

DAMOS UNHA CONFERENCIA A 6º SOBRE VAN GOGH

O ALUMNADO DE 6º ESTIVO TRABALLANDO SOBRE UN CADRO DE VAN GOGH E CANDO NOS ENTERAMOS PARECEUNOS XENIAL CONTARLLES TODO O QUE SABEMOS DESE PINTOR, ASÍ QUE HOXE DÉMOSLLES UNHA CONFERENCIA ESTUPENDA. TEMOS MOOOOOITAS FOTOS. XA VEREDES.

ENSINÁMOSLLES TAMÉN O CADRO DOS XIRASOLES... E ESPLICÁMOSLLES COMO O FIXEMOS

miércoles, 14 de marzo de 2012

LEMOS A PRENSA CON 6º

CO GALLO DA SEMANA DA PRENSA O ALUMNADO DE 6º CONVIDOUNOS A LER A PRENSA CON EL. FOI UNHA SESIÓN MOI INTERESANTE

lunes, 12 de marzo de 2012

QUE MONTAXES MAIS BONITAS DE MONDRIAN

ESTIVEMOS BUSCANDO VIDEOS SOBRE MONDRIAN E ATOPAMOS VARIOS TAN BONITOS QUE MERECE A PENA VELOS.
TAMÉN NOS ENTERÁMOS QUE MONDRIAN GUSTÁBALLE MOITO O JAZZ, PRONTO ESCOITAREMOS NAS AULAS E  CON LOLA ESTE TIPO DE MÚSICA.PARA VER ESTE VIDEO CON VARIOS DOS SEUS CADROS EN TRANSICIÓN, CLICADE AQUÍ.
NESTE OUTRO VIDEO VEREDES A MONDRIAN  E A SÚA EVOLUCIÓN PICTÓRICA MONTANDO OS CADROS. A MÚSICA QUE TEN É UN BOOGIE WOOGIE,CLICADE AQUÍ. NESTE OUTRO VEREDES A TRANSICIÓN DE OBRAS CON O MESMO TIPO DE MÚSICA DE ANTES, CLICADE AQUÍ. MIRADE OUTRO FACENDO OS CADROS CON MOVEMENTO ,CLICADE AQUI. A VERDADE QUE HAI MOITOS, PERO PARA REMATAR OS POÑEMOS UN EN 3 DIMENSIÓNS, CLICADE AQUI
E NÓS MENTRES PINTANDO CON TÉMPERAS
Usamos as témperas

MONDRIAN


XA COMEZAMOS A TRABALLAR O SEGUINTE PINTOR, MONDRIAN, E O ALUMNADO DE 6º VAINOS A AXUDAR A FACER O CADRO BROADWAY BOOGIE, CANDO O REMATEMOS O VEREDES.

MENTRES NO NOSO PROXECTO FALAMOS DO QUE SABIAMOS, DO QUE CRIAMOS... DAS NOSAS IDEAS PREVIAS SOBRE MONDRIAN
DECIDIMOS QUE QUERIAMOS SABER
E INDICAMOS ONDE BUSCAR INFORMACIÓN

jueves, 8 de marzo de 2012

8 DE MARZO

NESTE DÍA TAN SEÑALADO DAS MULLERES TRABALLADORAS E XA QUE ESTAMOS CON ESTE GRAN PROXECTO DE ARTE, NON PODÍA FALTAR A IMPORTANCIA DO REFLEXO DA MULLER NA ARTE PICTÓRICA. PARA VER O VÍDEO CLICADE AQUÍ.