OLA!. XA ESTAMOS EN 6º!



AS NOSAS MASCOTAS ZOE, BALSI E SALTARÍN DEIXARÁN AQUÍ MOITAS MENSAXES. PODEREMOS VER MOITAS DAS NOSAS ACTIVIDADES DO COLEXIO . TAMÉN VISITAREMOS PÁXINAS MOI INTERESANTES, FOTOS E POÑEREMOS XOGOS PARA PRACTICAR.

-------------------

miércoles, 22 de febrero de 2017

DÍA DE ROSALÍA

O 24 DE FEBREIRO É O DÍA DE ROSALÍA.
NO COLEXIO IMOS AGASALLALA CON COPOS DE NEVE NOS QUE RECOLLEREMOS PARTE DA SÚA OBRA.
OS COPOS VAN ESTAR NA BIBLIOTECA.

SAÍDA A CORUÑA

ONTE FIXEMOS UNHA SAÍDA A CORUÑA.
XA VOS CONTAREMOS CON MÁIS DETALLE O ACONTECIDO.
HOXE ANDAMOS CON MOITA TAREFA DANDO OS ÚLTIMOS RETOQUES AO DISFRACE E ÁS COPLAS QUE DEBEMOS REDACTAR PARA CANDO REMATE O XUÍZO A VILAVERDIÑO.
DEIXÁMOSVOS UNHAS FOTOS DA SAÍDA Á CASA DAS CIENCIAS


domingo, 19 de febrero de 2017

VILAVERDIÑO VÉN AO COLEXIO

O GALO VILAVERDIÑO XA VAI VIR AO COLEXIO
DE QUE SE DISFRAZARÁ ESTE ANO?
NÓS IMOS PREPARAR AS COPLAS DO XUÍZO PARA CANDO O XULGUEMOS O DÍA DO ENTROIDO

lunes, 13 de febrero de 2017

FACENDO CAMPOS SEMÁNTICOS

ESCRIBIMOS CAMPOS SEMÁNTICOS E DESPOIS ELABORAMOS CON ELES MÓBILES PARA POÑER NO CORREDOR.
ESTANNOS A QUEDAR MOI CHULOS.

domingo, 5 de febrero de 2017

NOVO RETO EN GRUPO

Hoxe apareceu o taboleiro de cortiza cuberto por papeliños de cores e unha mesa ao lado do encerado ateigada con outros.
Asi que estivemos preparados e preparadas para comezar a clase de matemáticas as profesoras propuxéronos un novo traballo en grupo.
Encántanos traballar un grupo!!
Repartíronos dous folios con dez exercicios e dixeron:
1. Cada compoñente do grupo debe resolver 2 exercicios na súa libreta. Os dous últimos resolveranse en parella.
2. Para a súa realización podedes coller toda a información que precisedes do taboleiro ou da mesa.
3. Cando estean todos os exercicios, teredes que poñelos en común e se non estades de acordo na forma de solucionalos discutiredes ata chegar a un acordo.
4. Ao mesmo tempo que os poñedes en común iredelos facendo cada persoa no seu caderno.
5. Cando terminedes coa información collida do taboleiro e da mesa tedes que facer un mural (que expoñeredes ás vosas compañeiras e aos vosos compañeiros).
6. Cada equipo expoñerá os seus exercicios e a forma na que foron resoltos ao resto do alumnado, que opinará sobre a forma de solucionalos.
7. Todo o alumnado irá plasmando os exercicios no seu caderno.
8. Cada grupo expoñerá a información recollida no seu mural.
9. Comentaremos as similitudes e diferenzas das distintas magnitudes.


Xa temos unha mostra da presentación dos nosos murais
https://youtu.be/pjRLCm_EaTA