OLA!. XA ESTAMOS EN 5º!



AS NOSAS MASCOTAS ZOE, BALSI E SALTARÍN DEIXARÁN AQUÍ MOITAS MENSAXES. PODEREMOS VER MOITAS DAS NOSAS ACTIVIDADES DO COLEXIO . TAMÉN VISITAREMOS PÁXINAS MOI INTERESANTES, FOTOS E POÑEREMOS XOGOS PARA PRACTICAR.

sábado, 29 de enero de 2011

O TRABALLO SOBRE A PAZ

DURANTE ESTE MES ESTIVEMOS TRABALLANDO SOBRE A PAZ: LEMOS CONTOS, VIMOS ANUNCIOS,
OBSERVAMOS O QUE DI MAFALDA E A SÚA PREOCUPACIÓN POLA TERRA,


LEMOS POESÍAS, TRABALLAMOS COAS LETRAS DE PAZ, E DIALOGAMOS MOITO, MOITO.

jueves, 27 de enero de 2011

MOCHILAS VIAXEIRAS

ESTA SEMANA COMEZARON A FUNCIONAR NAS CLASES AS MOCHILAS VIAXEIRAS. LEVAMOS LIBROS PARA NÓS E PARA A FAMILIA... ADEMAIS DE OUTRAS COUSAS INTERESANTES. PRESTADE ATENCIÓN PORQUE ESTÁN A PIQUES DE CHEGAR ÁS CASAS. QUE GOCEDES MOITO CON ELAS!

sábado, 15 de enero de 2011

PARTICIPAMOS NO SALÓN DO LIBRO

DESPOIS DE QUE TODO O 1º TRIMESTRE ESTIVESEMOS TRABALLANDO SOBRE AS MENTIRAS... O NOSO GALO VILAVERDIÑO ENFERMOU. TIÑA FEBRE MENTIREIRA. NÓS INVENTAMOS HISTORIAS SOBRE EL E AS MENTIRAS QUE CONTOU.
XA VEREDES AS FOTOS QUE FIXEMOS DO LIBRO.

miércoles, 12 de enero de 2011

XA ESTAMOS NO 2011

ACABAMOS DE CHEGAR A CLASE E TEMOS XA MOITO QUE TRABALLAR:
- FACEMOS UN CONTO PARA REMATAR O PROXECTO DAS MENTIRAS E RETIRAR O BUZÓN MENTIREIRO.


- PARTICIPAMOS NA ELABORACIÓN DE ARTIGOS PARA A NOSA CONSTITUCIÓN SOBRE A PAZ.