OLA!. XA ESTAMOS EN 5º!



AS NOSAS MASCOTAS ZOE, BALSI E SALTARÍN DEIXARÁN AQUÍ MOITAS MENSAXES. PODEREMOS VER MOITAS DAS NOSAS ACTIVIDADES DO COLEXIO . TAMÉN VISITAREMOS PÁXINAS MOI INTERESANTES, FOTOS E POÑEREMOS XOGOS PARA PRACTICAR.

martes, 31 de mayo de 2011

IMOS COIDAR O MEDIO AMBIENTE

NESTES DÍAS TRABALLAMOS SOBRE O COIDADO DOS BOSQUES E DO MEDIO AMBIENTE EN XERAL. NON QUEREMOS TER QUE SAÍR FÓRA DA CASA CUN TRAXE COMA ESTE:

miércoles, 25 de mayo de 2011

IMOS PLANTAR SEMENTES

CONTINUANDO CO PROXECTO DAS PLANTAS... IMOS AGORA PLANTAR SEMENTES PARA COMPROBAR COMO MEDRAN, QUE SAE PRIMEIRO E QUE DESPOIS,... QUEREMOS VER SE REALMENTE UNHA PLANTA PODE SAÍR DUNHA SEMENTE!
O PRIMEIRO QUE FIXEMOS FOI BUSCAR O MATERIAL QUE PRECISAMOS PARA PLANTAR E COLOCÁMOLO ENRIBA DUNHA MESA...

martes, 24 de mayo de 2011

UNHA MALETA ENORME CHEGOU Á CLASE

NESTES DÍAS DE ATRÁS, CHEGOU ÁS NOSAS AULAS UNHA ENORME MALETA.
TIÑA MOITO QUE LER!
SACAMOS TODO O QUE LEVABA E ESTIVEMOS OBSERVÁNDOO. QUE LIBROS TAN INTERESANTES! IMOS CHEGAR A CASA CON ELES E XA VEREDES...

lunes, 9 de mayo de 2011

TRABALLAMOS SOBRE LOIS PEREIRO

LEVAMOS UNS DÍAS TRABALLANDO PARA CELEBRAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
1º PARTICIPAREMOS NO CERTAME DE POESÍA CUNHA COMPOSICIÓN CONXUNTA DA CLASE
TRABALLAREMOS SOBRE A OBRA DE LOIS PEREIRO, DEBUXANDO O QUE PARA NÓS SIGNIFICA UN DOS SEUS VERSOS.
INVESTIGAREMOS SOBRE A SÚA VIDA. USAREMOS FONTES VARIADAS, UNHA DELAS, UNS CARTEIS FERMOSÍSIMOS.MIRÁDENOS AQUÍ EN PLENA INVESTIGACIÓN.