OLA!. XA ESTAMOS EN 6º!



AS NOSAS MASCOTAS ZOE, BALSI E SALTARÍN DEIXARÁN AQUÍ MOITAS MENSAXES. PODEREMOS VER MOITAS DAS NOSAS ACTIVIDADES DO COLEXIO . TAMÉN VISITAREMOS PÁXINAS MOI INTERESANTES, FOTOS E POÑEREMOS XOGOS PARA PRACTICAR.

jueves, 22 de diciembre de 2011

miércoles, 21 de diciembre de 2011

IMOS DE VACACIÓNS DE NADAL CUNHA CHOCOLATADA

XA ESTAMOS DE VACACIÓNS. ANTES DE MARCHAR A ANPA CONVIDOUNOS A UNHA CHOCOLATADA. TAMÉN COMEMOS ROSCA E VIÑERON OS REIS MAGOS CON LAMBETADAS.


AQUÍ ESTÁN AS NENAS E NENOS DE INFANTIL DE CATRO INDA COMENDO E NÓS, COMO FOMOS RAPIDÍSIMOS CANDO REMATARAMOS CON TODO.
FELIZ 2012!

martes, 20 de diciembre de 2011

A NOSA INTERPRETACIÓN DO CADRO DE VELÁZQUEZ: AS MENINAS

EN CINCO ANOS LEVAMOS VARIOS DÍAS FACENDO A MONTAXE DA NOSA INTERPRETACIÓN DO CADRO DE VELÁZQUEZ. FALAMOS DO CADRO DAS MENINAS. FIXEMOS OS PERSONAXES, ELABORAMOS O ESCENARIO, VESTIMOS OS PERSONAXES,...
HOXE COLOCAMOS O CADRO NA ENTRADA... ESTÁ PRECIOSO!!!

VISITA DE ALUMNADO DE PRINCIPE FELIPE

HOXE VISITÁRONNOS NENAS E NENOS DO COLEXIO PRINCIPE FELIPE E NOS, FIXEMOS A EXPOSICIÓN DE TODO O QUE SABÍAMOS SOBRE O NOSO PROXECTO DE VELÁZQUEZ. REMATAMOS VENDO O CADRO DAS MENINAS QUE  ELABORAMOS NÓS. MIRADE AS FOTOS.

lunes, 12 de diciembre de 2011

AGUSTINA SARMIENTO

ENTERÁMONOS DE QUE AGUSTINA SARMIENTO ERA GALEGA!!!, DE PONTEAREAS. E TRABALLAMOS A SÚA VIDA COA INFORMACIÓN DO PERIÓDICO QUE TROUXERON NENAS E NENOS.
MIRADE O VIDEO QUE FIXEMOS.

viernes, 9 de diciembre de 2011

NO COLE ACABAN DE COLOCAR UNHA EXPOSICIÓN

NO COLE, HAI UNHA EXPOSICIÓN SOBRE O GALEGO, A NOSA LINGUA. NÓS TEMOS UNS CADERNOS E IMOS VISITALA COS CADERNOS PARA TOMAR NOTAS. ESTAMOS VISITÁNDOA AOS POUCOS PORQUE QUEREMOS VER MOITOS DETALLES... XA VOS ENSINAREMOS COMO TRABALLAMOS CON ELA.

miércoles, 7 de diciembre de 2011

FACER TARXETAS... QUE IDEA!

NO COLE ESTAMOS A ELABORAR TARXETAS...
AS NENAS E OS NENOS DE TRES ANOS FAN UN PROXECTO SOBRE ELAS E AS SÚAS MASCOTAS MANDÁRONLLES UNHA PRESENTACIÓN. NÓS TAMÉN A VIMOS E DEUNOS MOITAS IDEAS PARA FACER TARXETAS.
A VOLAS AMOSAREMOS.

jueves, 1 de diciembre de 2011

COMEZAMOS UN NOVO PROXECTO SOBRE VAN GOGH

AS MASCOTAS MANDARON UNHA CARTA: QUE SORTE TIVERON! RECIBIRON UNHA POSTAL CUN CADRO DE VAN GOGH. NÓS PUXÉMONOS A FALAR DESE PERSONAXE...
DESPOIS DE REMATAR AS IDEAS PREVIAS QUE AS NENAS E OS NENOS TIÑAN SOBRE VAN GOGH, COMEZA A CHEGAR UNHA CHEA DE INFORMACIÓN. GRAZAS FAMILIAS