OLA!. XA ESTAMOS EN 6º!



AS NOSAS MASCOTAS ZOE, BALSI E SALTARÍN DEIXARÁN AQUÍ MOITAS MENSAXES. PODEREMOS VER MOITAS DAS NOSAS ACTIVIDADES DO COLEXIO . TAMÉN VISITAREMOS PÁXINAS MOI INTERESANTES, FOTOS E POÑEREMOS XOGOS PARA PRACTICAR.

viernes, 28 de octubre de 2011

AS MENINAS

HOXE XUNTÁMONOS TODOS OS NENOS E TODAS AS NENAS DE 5 ANOS. AS PROFES CONTÁRONNOS UN CONTO DAS MENINAS, MENTRES VÍAMOS O CADRO ACOMPAÑADO COA MÚSICA "O OUTONO" DAS CATRO ESTACIÓNS DE VIVALDI(A MÚSICA A PODEDES POÑER PINCHANDO DEBAIXO DAS FOTOS), PASÁMOLO MOI BEN TODOS E TODAS CONXUNTAMENTE. XA VEREDES NAS FOTOS COMO NOS RELAXAMOS COA MÚSICA.TAMÉN VIMOS UN VIDEO DO CADRO NO QUE SE VE TODO CON MOITO DETALLE PINCHA AQUÍ PARA PODER VELO. LOGO NAS NOSAS AULAS FIXEMOS UNHA REPRESENTACIÓN DO CADRO-



Go to ImageShack® to Create your own Slideshow

TROUXEMOS A CLASE MOITAS COUSAS RELACIONADAS COAS MENINAS

jueves, 27 de octubre de 2011

DISFRAZAMOS AO ESQUELETO

ESTAMOS TRABALLANDO O SAMAÍN E O ESQUELETO DO COLE TIÑA GANAS DE PARTICIPAR NA FESTA,¡ MIRADE DE QUEN SE DISFRAZOU!

miércoles, 26 de octubre de 2011

COÑECEMOS A VELÁZQUEZ E OS SEUS CADROS

ESTAMOS CUN PROXECTO DE PINTORAS E PINTORES, COMEZAMOS CON VELÁZQUEZ. AVERIGUAMOS A SÚA BIOGRAFÍA TRAENDO INFORMACIÓN...



Go to ImageShack® to Create your own Slideshow


CLICANDO AQUÍ ; ESCOITAREDES COMO UNHA DAS MENINAS VOS FALA DO CADRO
TRABALLAMOS CO  CADRO DAS MENINAS E DESENVOLVEMOS ESTRATEXIAS DE APRENDER A PENSAR.
O CADRO DA MENINAS TEN MOITAS COUSAS RELACIONADAS CON M, AVERIGUAMOS CALES E ESCRIBIMOS,...

lunes, 17 de octubre de 2011

INVESTIGAMOS SOBRE A VENDIMA

NESTES DÍAS INVESTIGAMOS SOBRE A VENDIMA, SOBRE COMO SE RECOLLEN AS UVAS E QUE SE FAI CON ELAS.
VIMOS QUE AS UVAS VEÑEN EN "RACIMOS" E ESTIVEMOS DEBUXANDO E CREANDO CON GLOBOS UVAS. MIRÁDENOS:

domingo, 16 de octubre de 2011

ESTAMOS NO OUTONO

PARA IR PREPARÁNDONOS PARA O TRABALLO QUE NOS AGARDA PODEMOS XOGAR CLICANDO AQUÍ.

E TAMÉN PODEMOS IR VENDO ESTE LIM
E ESTE VÍDEO

E LER POESÍAS DO OUTONO AQUÍ.

viernes, 14 de octubre de 2011

APRENDEMOS COS LUNNIS

ESTIVEMOS APRENDENDO A CANCIÓN DOS LUNNIS PARA CELEBRAR CON UNICEF O DÍA DO LAVADO DE MANS, E FAREMOS ACTIVIDADES PLÁSTICAS E DE DRAMATIZACIÓN.




jueves, 13 de octubre de 2011

ESTAMOS REMATANDO O PROXECTO SOBRE SUDÁN

ELABORAMOS UNHA RECEITA TÍPICA DO PAÍS. CHÁMASE ZABADI. CADA AULA ELABOROU UNHA, USANDO A MESMA BASE, PERO CON SABORES DIFERENTES. PRIMEIRO COLOCAMOS OS INGREDIENTES E PREPARAMOS A RECEITA


APROVEITAMOS QUE NOS XUNTAMOS AS TRES AULAS DE 5 ANOS PARA DEGUSTALAS E COMPARAR SABORES. ATA REPETIMOS, DE TAN BOA QUE ESTABA!!!



VEMOS E LEMOS A HISTORIA DE TESSA E DEBUXÁMOLA.

Tessa
View more documents from xianadecide.



ESTAMOS REMATANDO DE RESUMIR TODO O PROXECTO NUN MAPA MENTAL.


A PROFE LOLA ENSINOUNOS UNHA DANZA AFRICANA QUE SE CHAMA FUNGA ALAFIA,MIRADE QUE VEN A FIXEMOS.

viernes, 7 de octubre de 2011

UN XOGO PARA COLOCARNOS NA CLASE

NA CLASE FIXEMOS UN NOVO XOGO QUE NOS SERVIU PARA COLOCARNOS NAS MESAS.
HAI UN GRUPO QUE SE SENTA NA MESA VELÁZQUEZ, OUTRO NA MESA RUIBAL, OUTRO NA MESA...
TEMOS ÁS MASCOTAS BEN INTRIGADAS PORQUE NON SABEN MOI BEN A QUE VEÑEN ESES NOMES...
DENTRO DUNS DÍAS SEGURO QUE O SABERÁN.