OLA!. XA ESTAMOS EN 6º!



AS NOSAS MASCOTAS ZOE, BALSI E SALTARÍN DEIXARÁN AQUÍ MOITAS MENSAXES. PODEREMOS VER MOITAS DAS NOSAS ACTIVIDADES DO COLEXIO . TAMÉN VISITAREMOS PÁXINAS MOI INTERESANTES, FOTOS E POÑEREMOS XOGOS PARA PRACTICAR.

jueves, 22 de diciembre de 2016

ACABOU O 1º TRIMESTRE

REMATAMOS UN TRIMESTRE CHEO DE NOVIDADES: ORDENADORES, NOVAS CLASES, RUTINAS DE MAIORES, APRENDIZAXES DIVERSAS,...
REGRESAREMOS EN XANEIRO CON MOITA MOTIVACIÓN PARA SEGUIR APRENDENDO E CON FOLGOS RENOVADOS.
Imagen relacionada

lunes, 12 de diciembre de 2016

TRABALLAMOS SOBRE ECOSISTEMAS

INICIAMOS NOVAS TAREFAS SOBRE OS ECOSISTEMAS...
SABEDES CANTOS HAI? QUE SON?
COÑECEDES QUE SON CADEAS OU REDES ALIMENTARIAS?
TODO ISTO E MÁIS SERÁ OBXECTO DE BUSCA DE INFORMACIÓN E DEBATE NA AULA.

lunes, 5 de diciembre de 2016

ELABORAMOS TARXETAS

COMO O RESTO DO COLEXIO, ESTAMOS ATAREFADAS E ATAREFADOS NO DSEÑO DE TARXETAS.
TAMÉN TEMOS QUE PENSAR NOS TEXTOS... PERO ESE OBRADOIRO SERÁ UN CHISQUIÑO MÁIS ADIANTE... PRIMEIRO TOCA O DESEÑO!

A NOSA EXPOSICIÓN

CON CARTOLINA E CON UNHA SERIE DE SUPOSTOS QUE DEBIAMOS TER EN CONTA...



OBSERVADE QUE PRECIOSIDADE!
ESTAMOS REMATANDO DE COLOCAR A EXPOSICIÓN NOS CORREDORES DO COLEXIO, NON DEIXEDES DE VISITALA.

EXPOSICIÓN LEIRO











miércoles, 2 de noviembre de 2016

PARTICIPAMOS NO CONTACONTOS SOBRE O BOSQUE

CONTAMOS UNHA VERSIÓN DE CARAPUCHIÑA.
LEVABA POR TÍTULO "EL CÓDIGO DE CIRCULACIÓN"
PREPARAMOS A NARRACIÓN...


E  O RESULTADO FOI....

miércoles, 12 de octubre de 2016

LAMPI PIDE AXUDA CUNHA MISIVA

LAMPI SOLICITOUNOS AXUDA PARA DECORAR A BIBLIOTECA.
QUERE QUE SE PAREZA A UN SOUTO E PEDIUNOS FACER AS ÁRBORES.
ASÍ QUE PRIMEIRO IMOS INVESTIGAR SOBRE O SOUTO E AS ÁRBORES PRINCIPAIS.
SUPOÑEMOS QUE QUERE FACER UN SOUTO PARA QUE O ESQUÍO ANTÍO, QUE ESTÁ A CHEGAR AO COLE, SE SINTA COMO NA CASA.

martes, 11 de octubre de 2016

OBRADOIRO DE DIETA MEDITERRÁNEA

O pasado venres 7 de outubro, desenvolveuse no noso colexio un obradoiro de dieta mediterránea; cuxo obxectivo era concienciar ao alumnado de 5º da importancia dunha alimentación saudable.
A primeira hora, déronnos unha pequena charla onde nos explicaron cales eran os alimentos que forman parte desta dieta. A continuación, fixemos unha pequena brocheta que contiña ingredientes coma queixo, olivas, tomate e pan. Xa por último, baixamos ao patio e fixemos  unha pequena coreografía. O obradoiro estivo moi ben!!

domingo, 25 de septiembre de 2016

CIENCIA E TECNOLOXÍA... INVENTORAS E INVENTORES

NA CLASE ESTAMOS A LER UN TEXTO SOBRE INVENTOS, INVENTORAS E INVENTORES QUE TRAE ÁS AULAS DEBATES MOI INTERESANTES.

miércoles, 14 de septiembre de 2016

SEGUNDO DÍA

Despois de consultar na casa coas familias, o alumnado veu decidido a seguir no mesmo sitio sentado, ainda que algúns e algunhas tiñan dúbidas sobre se estarían no grupo que lles correspondía.
Despois dun debate decidimos cal era a colocación exacta nos grupos.
Houbo cambios na clase.
ninguna

A PRIMEIRA ACTIVIDADE DE QUINTO

Entramos nas clases por orde, as titoras ian decindo os nosos nomes e entregando un folio dobrado que non podíamos ler (algúns e algunhas tratamos de facer trampas)
As mesas da clase estaban colocadas en grupos de cinco cun letreiro no medio: "O universo", "O clima", "Sociedade", "Historia", "Cartografía".
Xa todos e todas dentro da aula, tivemos que ollar o folio e tratar de localizar a que grupo pertenciamos e sentarnos.
Finalmente explicamos os motivos da nosa localización.
Estabamos seguras e seguros de estar ben situadas e situados, pero as profes mandaronnos volver ler na casa a ficha e cotexar cunha persoa maior a nosa elección de grupo grupo.

domingo, 4 de septiembre de 2016

ACABARON AS VACACIÓNS!

O DÍA 12 DE SETEMBRO COMEZAMOS DE NOVO A CLASE, PERO... XA ESTAREMOS EN 5º!
IDES VER QUE CANTIDADE DE TEMÁTICAS INTERESANTES IMOS TRABALLAR...
IMOS SAUDARNOS PRONTIÑO.
Resultado de imagen de BESOS GIF ANIMADO

martes, 21 de junio de 2016

VISITAMOS 5º

O VINDEIRO CURSO ESTAREMOS EN QUINTO.
ASÍ QUE FOMOS VISITAR AS AULAS.
O ALUMNADO AMOSOUNOS OS MATERIAIS... TEÑEN NETBOOK!!!
FIXEMOS UNHA ACTIVIDADE CONXUNTA,
QUE GANAS TEMOS XA DE COMEZAR O VINDEIRO CURSO!

sábado, 28 de mayo de 2016

O PLANETA PRECISA A NOSA AXUDA

O PLANETA TERRA ESTÁ ENFERMANDO.
RÍOS, MARES, TERRA, AIRE SOFREN CONTAMINACIÓN...
QUE PODEMOS FACER?

domingo, 22 de mayo de 2016

RECITAMOS NO PATIO

HOXE RECITAMOS NO PATIO OS POEMAS GAÑADORES NO CERTAME DE POESÍA

E TAMÉN CONTAMOS OS CHISTES PREMIADOS



miércoles, 4 de mayo de 2016

MANUEL MARÍA E OS SEUS POEMAS

COMA TODO O COLEXIO, NÓS TAMÉN TRABALLAMOS SOBRE MANUEL MARÍA.
INVESTIGAMOS A SÚA VIDA E TAMÉN LEMOS ALGÚN POEMA SEU.
SON POEMAS MOI FERMOSOS. CLICADE PARA ESCOITAR ESTE.

NÓS TAMÉN ESTAMOS A INVENTAR OS NOSOS POEMAS. XA VEREDES QUE BONITOS!

sábado, 23 de abril de 2016

LECTURA CONTINUADA DO QUIXOTE

DESPOIS DE ESTAR TRABALLANDO SOBRE CERVANTES E A SÚA OBRA O QUIXOTE,
O VENRES 22 FOMOS A BIBLIOTECA PARA LER.
ESA ERA A NOSA HOMENAXE A CERVANTES NO 400 ANIVERSARIO DA SÚA MORTE.
LEMOS UNHA VERSIÓN DO QUIXOTE NUNHA BIBLIOTECA PREPARADA CON ATRIL, MICRÓFONO E GRANDES IMAXES DOS PRINCIPAIS PROTAGONISTAS DA OBRA.



jueves, 14 de abril de 2016

APRENDEMOS SOBRE O CORPO HUMANO

NESTES DÍAS ESTAMOS A TRABALLAR SOBRE O CORPO HUMANO E COMO FUNCIONA. ESTAMOS A LER EN DIFERENTES FONTES:



miércoles, 24 de febrero de 2016

24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA

HOXE NA CLASE TEMOS  UNHA FOTO DE ROSALÍA DE CASTRO E UN POEMA SEU.
É O SEU DÍA PORQUE NACEU UN 24 DE FEBREIRO... E PARA HOMENAXEALA IMOS LEMBRAR A SÚA BIOGRAFÍA E RECITAR ALGO DA SÚA OBRA



LEMOS UN POEMA DELA QUE TEN QUE VER CON BICHOS, XA QUE NO COLE ESTAMOS A TRABALLAR NESTE MES NUN CENTRO DE INTERESE SOBRE OS BICHOS.
O ALUMNADO DE 6º, CUN BROCHE COA FOTO DE ROSALÍA NO PEITO, RECITÁRONNOS UN DOS SEUS POEMAS.
GRAZAS!

lunes, 15 de febrero de 2016

ESCRIBIMOS UNHA HISTORIA NA CLASE DE INFORMÁTICA

ESTES DÍAS ESTIVEMOS ESCRIBINDO HISTORIAS EN INFORMÁTICA PARA APRENDER A FACER TEXTOS NUN PROCESADOR DE TEXTOS.
VELAQUÍ UN EXEMPLO.


miércoles, 3 de febrero de 2016

CHEGA O ENTROIDO

UN ANO MÁIS VILAVERDIÑO VAI SORPRENDERNOS CO SEU DISFRACE.
NÓS ESTAMOS PREPARANDO AS LADAÍÑAS PARA CANTARLLAS CANDO O QUEIMEN.

TAMÉN PREPARAMOS OS NOSOS DISFRACES.
É QUE VOS É DOADO DE AVERIGUAR DE QUE IMOS?
POIS, CLARO, DESPOIS DE ESTAR INVESTIGANDO SOBRE MÉXICO...

HOXE FOMOS DE SAÍDA

XUNTO CO ALUMNADO DE 3º FOMOS ESCOITAR UN CONCERTO DE PERCUSIÓN.


miércoles, 20 de enero de 2016

PREPARAMOS UN BAILE

CON LOLA ESTAMOS A PREPARAR UN BAILE RELACIONADO COAS CULTURAS E A PAZ. PERTENCE AO DISCO DE MAMÁ CABRA...

A LETRA DI:

BAILE DA PAZ
ESTA É A DANZA
DA ESPERANZA,
DANZA CAPAZ
DE SEMENTAR PAZ.

OMBRO CON OMBRO
PÓDESE TODO.

DÁ UN TACONAZO.
LEVANTA O BRAZO
E CON DONAIRE
DÁLLE AO CÚ AIRE.

COLLE A ORELLA
DA TÚA PARELLA.
FAILLE CÓXEGAS.
PONTE EN CREQUENAS.

ESTA É A DANZA
DA ESPERANZA,
DANZA CAPAZ
DE SEMENTAR PAZ.

AGORA DÁ UN BRINCO,
OU MELLOR CINCO!,
E TRES PALMADAS
CON GARGALLADAS.

LOGO AO COMPÁS
ANDA CARA ATRÁS.
E CARA ADIANTE,
COMA UN XIGANTE.

PINTA UN MOMENTO
PAZ NO VENTO.
GRITA UN SEGUNDO:

"PAZ NO MUNDO"

jueves, 14 de enero de 2016

ACTUAMOS NA RADIO

ESTIVEMOS LENDO TEXTOS EN GALEGO PARA A RADIO.
DENTRO DUNS DÍA PODEREDES ESCOITARNOS EN ONDA CERO.
SERÁ
Do luns 25 de xaneiro ata o venres 5 de febreiro; de luns a venres a partir das 11:50 da mañá no programa "MÁS DE UNO" ( con Carlos Alsina y Juan Ramón Lucas).

lunes, 11 de enero de 2016

TRABALLANDO SOBRE A PAZ

AS NOSAS MASCOTAS ESTIVERON NAS VACACIÓNS LENDO SOBRE A PAZ.
MANDÁRONNOS UNHA HISTORIA TAMÉN A NÓS.
DIN QUE SE COÑECEMOS A OUTRAS CULTURAS APRENDEREMOS A RESPECTALAS...
NÓS DECIDIMOS COÑECER AS CULTURAS DO CONTINENTE AMERICANO.
IMOS CENTRARNOS EN MÉXICO.
XA VOS IREMOS COMENTANDO AS NOSAS INVESTIGACIÓNS.