OLA!. XA ESTAMOS EN 6º!



AS NOSAS MASCOTAS ZOE, BALSI E SALTARÍN DEIXARÁN AQUÍ MOITAS MENSAXES. PODEREMOS VER MOITAS DAS NOSAS ACTIVIDADES DO COLEXIO . TAMÉN VISITAREMOS PÁXINAS MOI INTERESANTES, FOTOS E POÑEREMOS XOGOS PARA PRACTICAR.

jueves, 19 de diciembre de 2013

UNHA CONFERENCIA SOBRE O PAÍS VASCO

XA VOS DICIAMOS NA ENTRADA ANTERIOR QUE AS NENAS E OS NENOS DE INFANTIL DE CINCO ANOS VIÑAN DARNOS UNHA CONFERENCIA.
POIS... APRENDEMOS MOITAS COUSIÑAS.
MIRADE AS FOTOS DA ACTIVIDADE

viernes, 13 de diciembre de 2013

SEGUIMOS COAS TARXETAS E IMOS RECIBIR A INFANTIL PARA DARNOS UNHA CONFERENCIA

NESTA SEMANA VINDEIRA SEGUIMOS CO PROXECTO DAS TARXETAS


MAIS TAMÉN SEGUIMOS INVESTIGANDO SOBRE ESPAÑA E AS COMUNIDADES, SABEDES ALGO DO PAÍS VASCO? NÓS IMOS SABER MOITO, INFANTIL DE CINCO ANOS DARANOS UNHA CONFERENCIA E NÓS INVESTIGAREMOS SOBRE OUTRAS COMUNIDADES, SOBRE TODO SOBRE A NOSA.

miércoles, 4 de diciembre de 2013

UN PROXECTO SOBRE TARXETAS

NESTES DÍAS COMEZAMOS UN PROXECTO SOBRE TARXETAS DE NADAL.
NUN DEBATE ENTRE AS TRES CLASES VIMOS CANTO SABIAMOS SOBRE TARXETAS... ERA MOITÍSIMO!
PERO TAMÉN TIÑAMOS ALGUNHAS  DÚBIDAS, ASÍ QUE FIXEMOS UNHA LISTAXE DE COUSAS QUE QUERIAMOS APRENDER:
COMO SE FAN AS TARXETAS, COMO SABEMOS SE QUEDAN BONITAS, COMO AS PODEMOS REMITIR E COMO SE FAN OS SOBRES...
PARA APRENDER ISO PROPUXEMOS FONTES DE INFORMACIÓN:

  • FAMILIA
  • ORDENADOR E ELEMENTOS DIXITAIS VARIOS 
  • BIBLIOTECA (LIBROS, ENCICLOPEDIAS, DICIONARIOS)
  • PEDIRLLE INFORMACIÓN Á MASCOTA.
E QUEDAMOS AÍ... AGORA TEREMOS QUE INVESTIGAR E
A VER QUE SAE DE AÍ!

domingo, 1 de diciembre de 2013

viernes, 22 de noviembre de 2013

DÍA DA PALABRA

O 23 DE NOVEMBRO É O DÍA DA PALABRA.
HAI PALABRAS PEQUENAS E PALABRA LONGAS.
PALABRAS GRACIOSAS E AGARIMOSAS, PALABRAS CUNHA SOA VOGAL, PALABRAS CON TODAS AS VOGAIS...
IMOS FACER SOPAS DE PALABRAS E METELAS NUNHA POTA...XA VEREDES QUE DE POTAS ELABORAMOS!


HAI TAMÉN PALABRAS FEAS...
UNHA DAS QUE MENOS NOS GUSTA É MALTRATAR.

O 25 DE NOVEMBRO CELÉBRASE O DÍA CONTRA O MALTRATO DE XÉNERO, NÓS IMOS REFLEXIONAR SOBRE QUE SIGNIFICA MALTRATAR E IMOS AXUDAR A QUE ISO NON SE PRODUZA NUNCA.
LEREMOS UN CONTO... QUEREDES SABER CAL?

jueves, 21 de noviembre de 2013

A CAMPAÑA "ENSÍNANOS UN XOGO" ESTÁ REMATANDO

DURANTE A SEMANA PASADA AS FAMILIAS SEGUIRON A COLABORAR COA CAMPAÑA "ENSÍNANOS UN XOGO".
CAMPAÑA QUE XA TOCA AO SEU FIN.
AGRADECEMOS A TODAS AS FAMILIAS QUE NOS TEÑAN AGASALLADO COS SEUS XOGOS, CANTIGAS, XOGUETES, LERIAS,... MOITAS GRAZAS.
TODOS ESTES XOGOS ADEMAIS DE ACHEGARLLE A CULTURA POPULAR AO NOSO ALUMNADO, SUPUXO UNHA APLICACIÓN DO APRENDIDO SOBRE TEXTOS INSTRUTIVOS, POIS, NAS AULAS ESTÁN A RECOLLER OS XOGOS E XOGUETES EN FICHAS , EMPREGANDO ESTE TIPO DE TEXTO. FAREMOS DESPOIS UN LIBRIÑO CONXUNTO DE CENTRO QUE SE EXPORÁ NA BIBLIOTECA E MESMO SE PODERÁ EMPRESTAR.
UNHA DAS ACHEGAS DESTA SEMANA FOI A QUE TIVO LUGAR NAS AULAS DE 2º COA NAI DE SARA (2ºB)

miércoles, 20 de noviembre de 2013

DEREITOS DA INFANCIA

HOXE, 20 DE NOVEMBRO CELÉBRASE O ANIVERSARIO DA APROBACIÓN DOS DEREITOS DA INFANCIA.
NÓS REPASAMOS OS DEREITOS QUE XA TRABALLAMOS: DEREITO A IR Á ESCOLA, DEREITO A TER UN NOME, DEREITO A UNHA FAMILIA E...
DEREITO Á SAÚDE.
FALAMOS DO QUE SIGNIFICA TER SAÚDE E DE COMO HAI NENAS E NENOS QUE NON TEÑEN OS MEDIOS QUE NÓS TEMOS.
DEBUXAMOS COMO PENSABAMOS QUE SE PODÍA CONSEGUIR QUE TODAS AS NENAS E TODOS OS NENOS TEÑAN SAÚDE. COS NOSOS DEBUXOS IMOS PARTICIPAR NUN CONCURSO DA FUNDACIÓN MENIÑOS.

E DESPOIS DO MAGOSTO... MÁIS XOGOS!

DENTRO DA CAMPAÑA "ENSÍNANOS UN XOGO" NESTA SEMANA TIVEMOS UNHA SESIÓN MÁIS.
A MAMÁ DE ÁLVARO ENSINOUNOS  XOGOS.
FOI ESTUPENDO.
MIRADE QUE BEN O PASAMOS!
GRAZAS MAMÁ!

viernes, 25 de octubre de 2013

ANTÍO E LAMPI APARECEN POLO COLE

ANTÍO VEU AO COLEXIO PARA CELEBRAR CONNOSCO O MAGOSTO E TAMÉN PARA PEDIRNOS QUE LLE FAGAMOS ENTRE TODAS AS CLASES UN CONTO.
NÓS AGARDAMOS QUE NOS MANDEN DENDE 1º O CONTO QUE VÉN CHEGANDO DENDE INFANTIL...

PARA SEGUIR O CONTO, TEMOS QUE REVISAR O QUE SABEMOS DO MAGOSTO E DO OUTONO... SABEMOS XA UNHA CHEA DE COUSAS! EN ESPAÑA O OUTONO TRAE MOITAS CELEBRACIÓNS (SAMAÍN, MAGOSTO, VENDIMA,...) E TAMÉN MOITOS POEMAS:

VEN ONDA NÓS O OUTONO
 A CABALO DO AIRE;
NOS CAMIÑOS DA FRAGA
OS OURIZOS XA ABREN.
SÍNTOO CHEGAR CONTENTO
DA ETERNA VIAXE
ENREDANDO ENTRE AS FOLLAS,
ESTREANDO FRIAXE.


LAMPI TAMÉN CHEGOU PARA QUE CELEBRARAMOS O DÍA DA BIBLIOTECA CON EL.
 AGASALLOUNOS UN CONTO E UN EXPERIMENTO QUE IMOS REALIZAR NA CLASE.

miércoles, 16 de octubre de 2013

UNHA CLASE ESPECIAL: APRENDER XOGOS POPULARES

O MARTES, DÍA 15, TIVEMOS UNHA SESIÓN MOI DIVERTIDA DE CLASE.
A AVOA E O PAI DUNNHA COMPAÑEIRA DE 2º VIÑERON ENSINARNOS UN XOGO.
O XOGO É "CATRO ESQUINAS".
TAMÉN NOS ENSINARON UN TEATRO DE MONICREQUES.
QUE DIVERTIDO FOI TODO!
AGORA IMOS RECOLLER O XOGO ELABORANDO UN TEXTO INSTRUTIVO, IMOS ENSINARLLES O XOGO A OUTRAS CLASES  E TAMÉN SUBIREMOS ALGUNHAS FOTOS AQUÍ PARA QUE AS VEXADES.
!

viernes, 11 de octubre de 2013

UN NOVO PROXECTO

IMOS INICIAR UN NOVO PROXECTO.
ESTÁ RELACIONADO CON ESPAÑA.
ELABORAMOS UNHA DIANA, FIXEMOS UN FOTOPROBLEMA...
XA SABEMOS MOITO SOBRE ESPAÑA:

  • QUE HAI UN RÍO CHAMADO LÉREZ
  • QUE TEN COMUNIDADES
  • QUE TEN UN MONUMENTO CHAMADO CIBELES
  • QUE A TORTILLA É UN PLATO TÍPICO
  • QUE...
TAMÉN TEMOS MOITAS CURIOSIDADES E DÚBIDAS (QUE É ISO DUN ACUEDUTO? QUE CATEDRAIS HAI EN ESPAÑA? HAI MOITOS MONUMENTOS?...), ASÍ QUE IMOS INVESTIGAR. AXUDÁDESNOS?

jueves, 10 de octubre de 2013

APARECEN UNHAS TARXETAS MISTERIOSAS

ESTES DÍAS NA CLASE APARECERON UNHAS TARXETAS MISTERIOSAS.
 ESTABAN DIRIXIDAS A NÓS, PERO... NON SABEMOS QUEN AS REMITE. SERÁ A NOSA MASCOTA?
SERÁ LAMPI?
 SERÁ VILAVERDIÑO?
 IGUAL É ANTÍO QUE COMO XA CHEIRA AS CASTAÑAS VAI ANUNCIÁNDONOS A SÚA PRESENCIA.

O CASO É QUE AS TARXETAS TEÑEN UNHA HISTORIA E XA TEMOS GANAS DE QUE CHEGUEN TODAS AS TARXETAS PARA COMPLETALA.
AH! TAMÉN PRECISAMOS QUE CHEGUEN PARA COMPLETAR A IMAXE QUE FORMAN AO UNIR TODOS OS CACHOS.

jueves, 12 de septiembre de 2013

XA ESTAMOS EN 2º

ESTAMOS EN 2º..
TEMOS NOVAS AULAS. .
SON XENIAIS! .
MIRÁDENOS O 1º DÍA NOS NOSOS EQUIPOS COOPERATIVOS. .
TAMÉN HAI ALGUNHA FOTO DE CLASE..

jueves, 5 de septiembre de 2013

XA IMOS COMEZAR AS CLASES

FALTA POUQUIÑO PARA VOLVER VERNOS.
AS MASCOTAS CONTARÉMOSVOS QUE FIXEMOS NAS VACACIÓNS.
ESTE CURSO 2013-2014 ESTAREMOS NO ÚLTIMO CURSO DO CICLO.... ESTAMOS EN 2º!
APRENDEREMOS MOOOOOOIIIIIITO.
VÉMONOS O DÍA 11!

viernes, 28 de junio de 2013

VÉMONOS EN SETEMBRO... VÉMONOS EN 2º!

IMOS IR DE VACACIÓNS DE VERÁN.
EN SETEMBRO ESTAREMOS EN 2º COAS NOSAS MASCOTAS.
DURANTE O VERÁN LEREMOS MOITÍIIIIIIIISIMO, XOGAREMOS, PASEAREMOS, VEREMOS LUGARES NOVOS, ESCRIBIREMOS AS NOSAS EXPERIENCIAS PARA PODER CONTALAS DESPOIS...
VIREMOS CON MOITAS GANAS DE TRABALLAR.
AS MASCOTAS IRANSE A MASCOTILANDIA... OGALLÁ QUE O PASEN MOI, MOI BEN E NOS CONTEN MOITAS COUSAS NOVAS.
DEICA SETEMBRO!!!!

miércoles, 19 de junio de 2013

RECIBIMOS A INFANTIL DE CINCO ANOS NO NOSO CICLO

O VINDEIRO CURSO O ALUMNADO QUE AGORA ESTÁ EN CINCO ANOS ACOMPAÑARANOS NO CICLO.
HOXE RECIBÍMOLO.
FALÁMOSLLES DOS MATERIAIS QUE HAI EN 1º, DA AXENDA, ...
USAMOS UN POWER POINT PARA CONTARLLES TODO.
AO FINAL INTERCAMBIAMOS AGASALLOS.

viernes, 14 de junio de 2013

IMOS AO LABORATORIO DE NOVO

AS NENAS E OS NENOS DE 5º ESTÁN A ACOMPAÑARNOS AO LABORATORIO...
IGUAL CA NÓS ESTIVERON TRABALLANDO SOBRE O CORPO HUMANO, FORON AO LABORATORIO PARA VER PARTES DO CORPO COA LUPA E CO MICROSCOPIO.
AGORA LEVÁRONOS A NÓS, ESTAMOS VENDO:
CÉLULAS DO SANGUE, TABIQUE NASAL, PELO, PESTAÑAS,... DESPOIS ANOTAMOS O VISTO NO CADERNO DO LABORATORIO.

miércoles, 12 de junio de 2013

UNHA VISITA: COAS BOMBEIRAS E COS BOMBEIROS

ESTA SEMANA VISITAMOS O PARQUE DE BOMBEIROS.
FOI UNHA VISITA MOI INTERESANTE, APRENDEMOS MOITÍSIMO E TAMÉN NOS DIVERTIMOS MOGOLLÓN.
FOI INCRIBLE VER TODO O QUE EMPREGAN E AS HABILIDADES QUE TEÑEN. AQUÍ VOS DEIXAMOS ALGUNHAS FOTOS:

miércoles, 5 de junio de 2013

MEDIO AMBIENTE E ALIMENTACIÓN

ESTAMOS TRABALLANDO SOBRE OS ALIMENTOS E... QUE CREDES?
ESTE ANO O DÍA DO MEDIO AMBIENTE DEDÍCASE AOS ALIMENTOS: "PENSA, ALIMÉNTATE, AFORRA".
É MOI IMPORTANTE COMER DE TODO, NON TIRAR A COMIDA, AFORRAR OS RECURSOS PARA QUE TODAS AS PERSOAS DO PLANETA POIDAN COMER...

martes, 28 de mayo de 2013

XA MARCHA A EXPOSICIÓN SOBRE ROSALÍA

A EXPOSICIÓN SOBRE ROSALÍA DE CASTRO XA MARCHA PARA OUTROS CENTROS.
NÓS, NESTA SEMANA, TRABALLAMOS SOBRE ESTA ESCRITORA.
LEMOS O SEU POEMA "XAN" E ELABORAMOS ESQUEMAS.
MIRADE QUE BEN OS FACEMOS:

jueves, 23 de mayo de 2013

LEMBRADES OS CARBALLOS QUE PLANTAMOS?

DESPOIS DE LER O LIBRO "O CARBALLO CON BOTAS", PLANTAMOS CARBALLOS E...
NACERON!
TEMOS UNHA CHEA DELES.
TODO ESTE TEMPO AS PROFES E PACO, ESTIVERON PENDENTES DAS PLANTIÑAS: REGANDO, LIMPANDO,...
NÓS OBSERVAMOS O MOITO QUE MEDRAN...

PODEMOS TENTAR FACER UNHA CARBALLEIRA!!!

miércoles, 22 de mayo de 2013

E TEMOS NO COLE UNHA EXPOSICIÓN SOBRE ROSALÍA

CO GALLO DO 150 ANIVERSARIO DA PUBLICACIÓN DE "CANTARES GALLEGOS" DE ROSALÍA DE CASTRO, NO COLEXIO, TEMOS UNHA EXPOSICIÓN SOBRE A ESCRITORA.
ADEMAIS DE VISITALA IMOS TRABALLAR ALGÚNS POEMAS DA ESCRITORA.

viernes, 10 de mayo de 2013

CONTAMOS CHISTES EN GALEGO E LEMOS OS NOSOS POEMAS NO CICLO

HOXE PARTICIPAMOS NA LECTURA DE POEMAS QUE FORON SELECCIONADOS PARA O "CERTAME DE POESÍA".
QUE BONITOS TODOS!
TAMÉN CONTAMOS O CHISTES E VOTAMOS OS QUE MÁIS NOS GUSTARON PARA LEVALOS Á FESTA DAS LETRAS QUE SE CELEBRARÁ O VINDEIRO MÉRCORES NO PATIO DO COLEXIO.

jueves, 2 de mayo de 2013

UN CERTAME DE POESÍA!

NO COLEXIO VAI CELEBRARSE UN NOVO CERTAME DE POESÍA E NÓS IMOS PARTICIPAR.
ANTES E NADA FAREMOS UN OBRADOIRO DE POESÍA E DESPOIS ELABORAREMOS AS NOSAS POESÍAS.
VAN ESTAR PRECIOSAS!

domingo, 28 de abril de 2013

FOMOS CONTADORAS E CONTADORES DE CONTOS

CO GALLO DA CELEBRACIÓN DA SEMANA DO LIBRO AS NENAS E OS NENOS DE 1º PREPARAMOS UNS CONTOS MÍNIMOS PARA IRLLOS CONTAR A OUTRAS CLASES.
FIXÉMOLO XENIAL!
DEIXÁMOSVOS ALGUNHAS FOTOS:

Conto mínimo 1º A: UN CAN PEQUINÉS

Conto mínimo 1º B: NA MONTAÑA

Conto mínimo 1º C: UNHA POMBA

MIRÁDENOS NO VÍDEO

viernes, 26 de abril de 2013

ESTAMOS A REMATAR O PROXECTO SOBRE O CORPO

DESPOIS DE VARIOS DÍAS O NOSO PROXECTO SOBRE O CORPO TOCA O SEU FIN.
APRENDEMOS MOITAS COUSAS. LAMPI MANDOUNOS MOITOS LIBROS DA BIBLIOTECA E TROUXEMOS MOITA INFORMACIÓN.
IMOS PODER DAR UNHA CONFERENCIA ESTUPENDA SOBRE O TEMA!

jueves, 21 de marzo de 2013

REMATAMOS O PROXECTO DAS PLANTAS

FOI UN PROXECTO INTERESANTÍSIMO NO QUE APRENDEMOS MOOOOOOITAS COUSAS.
ADEMAIS ESTES DÍAS TAMÉN APRENDEMOS OBSERVANDO NO LABORATORIO PARTES DAS PLANTAS NO MICROSCOPIO E NA LUPA BINOCULAR: VIMOS POLE, OS OVARIOS, UNHA RAÍZ, ESPORAS, AS VELLOSIDADES DUNHA FOLLA,...
DEBUXAMOS O QUE VIMOS NO NOSO CADERNO DE LABORATORIO

ATA QUE SUBAMOS TODAS AS FOTOS... DEIXÁMOSVOS ESTE AGASALLO... SE VOS FIXADES BEN TAMÉN TEN ALGO QUE VER CO "CARBALLO CON BOTAS" E COA PLANTACIÓN QUE FIXEMOS

viernes, 1 de marzo de 2013

IMOS COMEZAR UN NOVO PROXECTO

ESTAMOS DANDO OS PRIMEIROS PASIÑOS PARA TRABALLAR UN NOVO PROXECTO.
QUEREDES SABER CAL?
POIS SEGUÍDENOS ESTES DÍAS... DEIXAREMOS UNHA PISTA... "NEL HAI UN CEREBRO, TAMÉN UN CORAZÓN HAI MOITOS ÓSOS E DOUS PULMÓNS"

jueves, 28 de febrero de 2013

VISITAMOS UNHA EXPOSICIÓN DE 5º

O ALUMNADO DE 5º FIXO UNHA EXPOSICIÓN SOBRE AS FERRAMENTAS E ÚTILES DA PREHISTORIA .
... E NÓS FOMOS VISITALA.
ESTÁ MOI BEN

miércoles, 20 de febrero de 2013

ANUNCIANDO A MÁQUINA

UNHA VEZ QUE XA DECIDIMOS PARA QUE SERVIRÍA A MÁQUINA (COMO SEGURO QUE LESTES NO BLOG DE MASCOTILANDIA) DECIDIMOS QUE TIÑAMOS QUE SACARLLE PARTIDO Á MÁQUINA, ASÍ QUE O PRIMEIRO ERA ANUNCIALA...,
 ASÍ QUE...
TRABALLAMOS SOBRE OS ANUNCIOS, VIMOS ANUNCIOS DE VARIOS TIPOS, DE DIVERSOS MEDIOS, E...
FIXEMOS UNHAS PÁXINAS XENIAIS DE ANUNCIOS...


miércoles, 13 de febrero de 2013

UNHA MÁQUINA ATERRA NO COLEXIO

NO COLEXIO HOXE APARECEU UNHA MÁQUINA RARA.
CANDO CHEGAMOS ESTABA NO CORREDOR.
XA LAMPI NOS ADVERTIRA ALGO ANTES DO ENTROIDO, PERO NON LLE FIXEMOS MOITO CASO, ESTABAMOS CON MOITAS OCUPACIÓNS ENTRE RECORTAR OS ENGRENAXES, POÑER OS DISFRACES,...
O CASO É QUE AGORA TEMOS UNHA MÁQUINA E NON SABEMOS QUE FACER CON ELA... SERÁ REALMENTE PERIGOSA?

viernes, 8 de febrero de 2013

CELEBRAMOS UN ENTROIDO CON MÁQUINAS

ACABAMOS DE CELEBRAR A FESTA DO ENTROIDO.
 VILAVERDIÑO, COAS SÚAS PLUMAS, ESTIVO OBSERVÁNDOO TODO, MESMO OBSERVOU O SEU XUÍZO.
DESFILAMOS TODAS AS NENAS E TODOS OS NENOS CON DISFRACE DE MÁQUINAS... E AS PROFES E OS PROFES TAMÉN!
AO FINAL DA FESTA QUEIMAMOS AO NOSO GALO, TIÑAMOS QUE FACELO PORQUE... COMO IAMOS FACER SE NON UN NOVO O VINDEIRO ANO?


miércoles, 6 de febrero de 2013

O ENTROIDO VAI CHEGAR

TEMOS CASE TODO PREPARADO PARA O ENTROIDO:

  • O DISFRACE CON ALGO DE MÁQUINA
  • O CORPO DO GALO
  • E... AS PLUMAS! FIXEMOS MOITAS E O GALO XA VAI ESTANDO VESTIDIÑO

jueves, 31 de enero de 2013

O PROXECTO DAS PLANTAS

INICIAMOS UN PROXECTO SOBRE AS PLANTAS...
SABEMOS MOITO DELAS, COA ESTRATEXIA DE "NA PRAZA DO POBO"
ELABORAMOS UNHA ENORME LISTAXE DO "QUE SABEMOS" E TAMÉN OUTRA ENORME CO "QUE QUEREMOS SABER"...
XA VEREDES QUE DE COUSAS FACEMOS CON TODA A INFORMACIÓN QUE IMOS BUSCAR!

miércoles, 16 de enero de 2013

IMOS A... TODA MÁQUINA!!!

AS MÁQUINAS ESTÁN INUNDANDO O COLEXIO E NAS NOSAS CLASES TAMÉN APARECEN.
LEMOS SOBRE UNHA MÁQUINA QUE "FAI O QUE CADAQUÉN QUEIRA"... IMAXINADES?:
- PODE FACER OS DEBERES POR NÓS
- PODE FABRICAR MOREAS DE EUROS PARA SUPERAR A CRISE
- PODE FACERNOS VIAXAR LONXE
- PODE TAPARNOS DA CHUVIA
- PODE AXUDARNOS A LEVAR AGASALLOS A TODO O MUNDO IGUALIÑO QUE SE FÓSEMOS PAPÁ NOEL´

FALAMOS DE QUE IMOS IR AO ENTROIDO CUN DISFRACE DE MÁQUINA... SERÁ UNHA MÁQUINA DE ESCRIBIR? UNHA MÁQUINA DE CONTAR? UNHA MÁQUINA DE ESPERTAR?...

O MELLOR E QUE IMOS USAR UNHA MÁQUINA COMO A DE DIANA, UNHA MÁQUINA AMABLE, QUE FUNCIONE CON CUALIDADES QUE ESTAMOS A POÑER NUN ABECEDARIO DO CORREDOR.... ESA MÁQUINA VAINOS SERVIR PARA REMITIR MENSAXES DE PAZ... NON O CREDES? POIS AGARDADE UNS DÍAS!

domingo, 6 de enero de 2013