OLA!. XA ESTAMOS EN 6º!



AS NOSAS MASCOTAS ZOE, BALSI E SALTARÍN DEIXARÁN AQUÍ MOITAS MENSAXES. PODEREMOS VER MOITAS DAS NOSAS ACTIVIDADES DO COLEXIO . TAMÉN VISITAREMOS PÁXINAS MOI INTERESANTES, FOTOS E POÑEREMOS XOGOS PARA PRACTICAR.

miércoles, 24 de febrero de 2016

24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA

HOXE NA CLASE TEMOS  UNHA FOTO DE ROSALÍA DE CASTRO E UN POEMA SEU.
É O SEU DÍA PORQUE NACEU UN 24 DE FEBREIRO... E PARA HOMENAXEALA IMOS LEMBRAR A SÚA BIOGRAFÍA E RECITAR ALGO DA SÚA OBRA



LEMOS UN POEMA DELA QUE TEN QUE VER CON BICHOS, XA QUE NO COLE ESTAMOS A TRABALLAR NESTE MES NUN CENTRO DE INTERESE SOBRE OS BICHOS.
O ALUMNADO DE 6º, CUN BROCHE COA FOTO DE ROSALÍA NO PEITO, RECITÁRONNOS UN DOS SEUS POEMAS.
GRAZAS!

lunes, 15 de febrero de 2016

ESCRIBIMOS UNHA HISTORIA NA CLASE DE INFORMÁTICA

ESTES DÍAS ESTIVEMOS ESCRIBINDO HISTORIAS EN INFORMÁTICA PARA APRENDER A FACER TEXTOS NUN PROCESADOR DE TEXTOS.
VELAQUÍ UN EXEMPLO.


miércoles, 3 de febrero de 2016

CHEGA O ENTROIDO

UN ANO MÁIS VILAVERDIÑO VAI SORPRENDERNOS CO SEU DISFRACE.
NÓS ESTAMOS PREPARANDO AS LADAÍÑAS PARA CANTARLLAS CANDO O QUEIMEN.

TAMÉN PREPARAMOS OS NOSOS DISFRACES.
É QUE VOS É DOADO DE AVERIGUAR DE QUE IMOS?
POIS, CLARO, DESPOIS DE ESTAR INVESTIGANDO SOBRE MÉXICO...

HOXE FOMOS DE SAÍDA

XUNTO CO ALUMNADO DE 3º FOMOS ESCOITAR UN CONCERTO DE PERCUSIÓN.