OLA!. XA ESTAMOS EN 5º!



AS NOSAS MASCOTAS ZOE, BALSI E SALTARÍN DEIXARÁN AQUÍ MOITAS MENSAXES. PODEREMOS VER MOITAS DAS NOSAS ACTIVIDADES DO COLEXIO . TAMÉN VISITAREMOS PÁXINAS MOI INTERESANTES, FOTOS E POÑEREMOS XOGOS PARA PRACTICAR.

miércoles, 27 de abril de 2011

IMOS IR A APÍPOLE

ESTAMOS INVESTIGANDO SOBRE AS ABELLAS PORQUE QUEREMOS IR VELAS Á GRANXA APÍPOLE. A SAÍDA SERÁ ESTE VENRES.
ALGÚN DOCUMENTO SOBRE O QUE TRABALLAMOS PODEDES VELO CLICANDO AQUÍ

miércoles, 13 de abril de 2011

SEMANA DA PRENSA

TRABALLAMOS NA CLASE COA PRENSA E INVENTAMOS NOTICIAS PARA POÑER NO PERIÓDICO-MURAL DO COLEXIO.

ESTAMOS SALVANDO LIBROS

LAMPI, A MASCOTA DA BIBLIOTECA É MOI PREVISORA, POR SE ARDE A NOSA BIBLIOTECA, MANDOUNOS SALVAR UN LIBRO. CADA CLASE FOI Á BIBLIOTECA, VEU UNHA PRESENTACIÓN SOBRE OS LIBROS, A SÚA PORTADA,... E SALVOU UN LIBRO. MIRÁDENOS.

lunes, 11 de abril de 2011

jueves, 7 de abril de 2011

TEMOS UNHA SAÍDA AO CONSERVATORIO

VISITAMOS O CONSERVATORIO PARA TRABALLAR SOBRE MANUEL QUIROGA. SAÍMOS ÁS NOVE DO COLEXIO.
LEVAMOS UNS DÍAS FALANDO DESTE MÚSICO (VIOLINISTA) PONTEVEDRÉS.
XA VOS POREMOS FOTOS.

miércoles, 6 de abril de 2011

MAÑÁ É O DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

O DÍA 7 DE ABRIL É O DÍA MUNDIAL DA SAÚDE. NÓS IMOS TRABALLAR CO "DILEMA DE GUILLERMO", PERO ADEMAIS, COMO ESTAMOS CUN PROXECTO DE PLANTAS... IMOS TENTAR TRAER MERENDA SAUDABLE RELACIONADA CON ELAS.

martes, 5 de abril de 2011

RETOMAMOS O PROXECTO DAS PLANTAS

ESTAMOS TRABALLANDO CON DIFERENTES FONTES O PROXECTO DAS PLANTAS.
PARA REINICIAR O PROXECTO USAMOS COMO MOTIVACIÓN ESTA FERMOSA PRESENTACIÓN

viernes, 1 de abril de 2011

TRABALLAMOS COA INFORMACIÓN SOBRE XAPÓN

XA SABEDES QUE ISTO DO TSUNAMI TIÑA MOI PREOCUPADAS ÁS MASCOTAS E A NÓS. PUXÉMONOS A INVESTIGAR SOBRE XAPÓN. LEVAMOS UNHAS FOTOS A CASA E TRABALLAMOS CON MAMÁ E PAPÁ QUE ERA ISO.
HOXE NA ASEMBLEA ESTIVEMOS COMPARANDO AS INVESTIGACIÓNS QUE FIXEMOS. QUE CANTIDADE DE PALABRAS RARAS! SAMURAI, BONSAI, KIMONO, YEN,...