OLA!. XA ESTAMOS EN 5º!



AS NOSAS MASCOTAS ZOE, BALSI E SALTARÍN DEIXARÁN AQUÍ MOITAS MENSAXES. PODEREMOS VER MOITAS DAS NOSAS ACTIVIDADES DO COLEXIO . TAMÉN VISITAREMOS PÁXINAS MOI INTERESANTES, FOTOS E POÑEREMOS XOGOS PARA PRACTICAR.

jueves, 22 de diciembre de 2016

ACABOU O 1º TRIMESTRE

REMATAMOS UN TRIMESTRE CHEO DE NOVIDADES: ORDENADORES, NOVAS CLASES, RUTINAS DE MAIORES, APRENDIZAXES DIVERSAS,...
REGRESAREMOS EN XANEIRO CON MOITA MOTIVACIÓN PARA SEGUIR APRENDENDO E CON FOLGOS RENOVADOS.
Imagen relacionada

lunes, 12 de diciembre de 2016

TRABALLAMOS SOBRE ECOSISTEMAS

INICIAMOS NOVAS TAREFAS SOBRE OS ECOSISTEMAS...
SABEDES CANTOS HAI? QUE SON?
COÑECEDES QUE SON CADEAS OU REDES ALIMENTARIAS?
TODO ISTO E MÁIS SERÁ OBXECTO DE BUSCA DE INFORMACIÓN E DEBATE NA AULA.

lunes, 5 de diciembre de 2016

ELABORAMOS TARXETAS

COMO O RESTO DO COLEXIO, ESTAMOS ATAREFADAS E ATAREFADOS NO DSEÑO DE TARXETAS.
TAMÉN TEMOS QUE PENSAR NOS TEXTOS... PERO ESE OBRADOIRO SERÁ UN CHISQUIÑO MÁIS ADIANTE... PRIMEIRO TOCA O DESEÑO!

A NOSA EXPOSICIÓN

CON CARTOLINA E CON UNHA SERIE DE SUPOSTOS QUE DEBIAMOS TER EN CONTA...



OBSERVADE QUE PRECIOSIDADE!
ESTAMOS REMATANDO DE COLOCAR A EXPOSICIÓN NOS CORREDORES DO COLEXIO, NON DEIXEDES DE VISITALA.

EXPOSICIÓN LEIRO