OLA!. XA ESTAMOS EN 5º!



AS NOSAS MASCOTAS ZOE, BALSI E SALTARÍN DEIXARÁN AQUÍ MOITAS MENSAXES. PODEREMOS VER MOITAS DAS NOSAS ACTIVIDADES DO COLEXIO . TAMÉN VISITAREMOS PÁXINAS MOI INTERESANTES, FOTOS E POÑEREMOS XOGOS PARA PRACTICAR.

domingo, 14 de diciembre de 2014

CO GALLO DO TRABALLO AO REDOR DE CIENCIA FICCIÓN...

NAS CLASES ESTAMOS A LER

É UN LIBRO MOI XEITOSIÑO QUE COMEZAMOS NESTE TRIMESTRE E XA NON NOS QUEDA NADIÑA PARA REMATAR...
TRATA DE XENTE QUE VAI A UN NOVO PLANETA... PERO NON VOS DICIMOS NADA MÁIS .

lunes, 8 de diciembre de 2014

E FIXEMOS VOTACIÓNS PARA CONMEMORAR O DÍA DA CONSTITUCIÓN

PARA VER COMO SE FAN AS VOTACIÓNS, SIMULAMOS UNHA NA CLASE.
MOI PARECIDA DEBEU SER A VOTACIÓN DE 1978 NA QUE SE APROBOU A CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA

miércoles, 5 de noviembre de 2014

REMATAMOS O NOSO TRABALLO SOBRE OS ALIMENTOS

XA INICIAMOS NOVAS INVESTIGACIÓNS PORQUE REMATAMOS O TRABALLO SOBRE A ALIMENTACIÓN.
- REFLEXIONAMOS SOBRE OS MENÚS
- FIXEMOS ESTATÍSTICA
- ELABORAMOS PIRÁMIDES
VELAQUÍ ALGUNHA FOTO DAS PIRÁMIDES QUE ELABORAMOS.


martes, 4 de noviembre de 2014

UN CONCERTO

Hoxe asistimos a un concerto chulísimo.
Vimos "O gato con botas"
Unha preciosidade con núsica e imaxes.

viernes, 24 de octubre de 2014

LAMPI ESTA SEMANA TIVO MOITO TRABALLO

LAMPI ESTA SEMANA FOI A MASCOTA MÁIS ATAREFADA DO COLEXIO:

  • EMPRESTOUNOS UNS LIBROS SOBRE O SAMAÍN E O MAGOSTO, UNS LIBROS DA SÚA BIBLIOTECA ITINERANTE QUE LEVARON ATA AS CLASES AS NENAS E OS NENOS DE 6º
  • AGASALLOUNOS CUNHA TIRA CÓMICA NO "DÍA DA BIBLIOTECA" E CONVIDOUNOS A VISITALA PARA VER A EXPOSICIÓN DE TIRAS CÓMICAS DE MAFALDA E OS LIBROS SOBRE CIENCIA FICCIÓN QUE TEN NO EXPOSITOR.

domingo, 5 de octubre de 2014

ALIMENTÁMONOS

TRABALLAMOS SOBRE DIETAS E MENÚS.
QUE COMEMOS AO LONGO DUNHA SEMANA?
QUE TIPOS DE ALIMENTOS COMEMOS?
COMEMOS O QUE DEBEMOS?


jueves, 2 de octubre de 2014

SOBRE CIENCIA FICCIÓN

A NOSA MASCOTA ANDA ATAREFADA COA CIENCIA FICCIÓN E NÓS DEBUXÁMOSLLE COUSAS RELACIONADAS.
TAMÉN ANDAMOS A COMPLETAR UNHA NARRACIÓN RELACIONADA CON DOUS EXTRATERRESTRES VIAXANDO POLO ESPAZO, COMEZAMOS TRABALLANDO AS SÚAS DESCRICIÓNS E POUCO A POUCO A NARRACIÓN SERÁ MÁIS LONGA E RICA LITERARIAMENTE FALANDO.

VELAQUÍ ALGO DISO

sábado, 27 de septiembre de 2014

miércoles, 24 de septiembre de 2014

XUNTANZA COAS FAMILIAS

NESTA SEMANA AS MAMÁS E OS PAPÁS DAS NENAS E DOS NENOS DE 3º VIÑERON AO COLEXIO. HABÍA UNHA XUNTANZA.
NELA FALARON DO QUE SE APRENDERÁ ESTE CURSO NO QUE ENTRA EN VIGOR UN NOVO CURRÍCULO.
TAMÉN LEMBRAMOS COUSIÑAS SINXELAS DE COMO FUNCIONARÁ O NIVEL.

lunes, 1 de septiembre de 2014

XA ESTAMOS EN 3º!!!

OLA!
BALSI, ZOE E SALTARÍN ESTAMOS PREPARANDO TODO PARA VERVOS O DÍA 10.
PASÁSTELO BEN NO VERÁN?
NÓS PASÁMOLO XENIAL TANTO EN MASCOTILANDIA COMO NOS LUGARES QUE VISITAMOS.
ADEMAIS LEMOS NOVELAS DE CIENCIA-FICCIÓN E BIOGRAFÍAS, FIXEMOS INVESTIGACIÓNS SOBRE OS ALCALDES DE PONTEVEDRA E PICASSO, ESCRIBIMOS UN DIARIO FABULOSO CON FOTOS E TODO!, E... CLARO... XOGAMOS MOITÍSIMO.
XA VOS CONTAREMOS MÁIS!
DEICA PRONTIÑO!

viernes, 20 de junio de 2014

REMATOU O CURSO

ESTA SEMANA REMATAMOS AS CLASES.
DESPEDÍMONOS DO PRIMEIRO CICLO PORQUE...
O VINDEIRO CURSO ESTAREMOS EN 3º!
VERÉMONOS NO 2º ANDAR DO COLE!

miércoles, 11 de junio de 2014

martes, 10 de junio de 2014

VISITAMOS AS CLASES DE 3º

COMO XA ESTAMOS REMATANDO 2º... FOMOS VISITAR AS QUE SERÁN AS NOSAS CLASES O CURSO VINDEIRO
COMO PARTE DO PLAN DE ACOLLIDA, FOMOS VER OS MATERIAIS
ENSINÁRONNOS AS NOSAS AXENDAS.
FIXEMOS UNHA TAREFA CONXUNTAMENTE E INTERCAMBIAMOS AGASALLOS.

lunes, 26 de mayo de 2014

UN NOVO PROXECTO: PREHISTORIA

NESTA SEMANA NACE UN PROXECTO NOVO...
- SOBRE PREHISTORIA

A MASCOTA MANDOUNOS UNHA POSTAL... MANDARANOS LIBROS E VÍDEOS PARA INVESTIGAR?





viernes, 23 de mayo de 2014

ACTUACIÓN FESTIVAL MEDIOAMBIENTE: "RECICLA CON VILAVERDIÑO"

O ALUMNADO DE 2º EP DE VILAVERDE ACTUOU NO TEATRO PRINCIPAL O PASADO 21 DE MAIO.
A ACTUACIÓN CONSISTÍU NA INTERPRETACIÓN DUNHA CANCIÓN CON LETRA, MÚSICA E ESCENIFICACIÓN PROPIA.
NESTE FESTIVAL PARTICIPARON ADEMAIS OUTROS COLEXIOS DE PONTEVEDRA.
COMO PREMIO POLA NOSA PARTICIPACIÓN NA ACTIVIDADE UNHAS PERSOAS CIENTÍFICAS  AGASALLÁRONNOS CUNHA DEMOSTRACIÓN SOBRE "CIENCIA E MÚSICA" ONDE AS NENAS E OS NENOS EXPERIMENTARON A RELACIÓN EXISTENTE ENTRE A MÚSICA E A CIENCIA.

AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHA REPORTAXE GRÁFICA E AUDIOVISUAL..

PARA VER O VÍDEO CLICA AQUÍ

jueves, 15 de mayo de 2014

ENSAIAMOS UNHA CANTIGA SOBRE RECICLAXE

O ALUMNADO ENSAIAMOS UNHA CANTIGA SOBRE RECICLAXE.
IMOS DESPOIS CANTALA EN PÚBLICO!
XA VOS CONTAREMOS.
DE MOMENTO MIRADE AS FOTOS

jueves, 8 de mayo de 2014

lunes, 5 de mayo de 2014

UNHA NOVA TAREFA NA AULA

NAS NOSAS CLASES APARECE UNHA PREGUNTA SOBRE XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO...
AXUDARÉDESNOS A CONTESTALA?


DESPOIS SEICA IMOS GRAVAR A RESPOSTA EN VÍDEO!!!

domingo, 4 de mayo de 2014

NESTA SEMANA IMITAREMOS AOS BOLECHAS E FAREMOS UNHA SAÍDA POR PONTEVEDRA

IMOS IR VISITAR AS PRAZAS DE PONTEVEDRA, DA NOSA CIDADE.
FAREMOS O ITINERARIO QUE FAN OS BOLECHAS NO SEU LIBRO.
VAI SER PRECIOSO E IMOS APRENDER MOITO...
QUEREDES ACOMPAÑARNOS?
PRIMEIRO TENDES QUE LER O LIBRIÑO:

miércoles, 23 de abril de 2014

FELIZ DÍA DO LIBRO!

O DÍA 23 DE ABRIL FOI ELIXIDO COMO DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO, POIS COINCIDE ESA DATA COA DO FALECEMENTO DE TRES ILUSTRES ESCRITORES MIGUEL DE CERVANTES, WILLIAM SHAKESPEAREINCA GARCILASO DE LA VEGA.



PODEDES COMPLETAR INFORMACIÓN SOBRE O DÍA DO LIBRO, CERVANTES E O SEU LIBRO MÁIS COÑECIDO (AS AVENTURAS DO FIDALGO DON QUIXOTE) AQUÍ 

NESTE DÍA SEMPRE NOS AGASALLAN CUN LIBRO ASÍ QUE VELAÍ VAI UN LIBRO FERMOSÍSIMO. PODEDES AXUDAR AO PEIZOQUE A BUSCAR MÁIS PALABRAS, E MESMO PODEDES AXUDALO A BUSCALAS NO XORNAL OU A ILUSTRALAS CO XORNAL. FIXÁDEVOS NO LIBRO



jueves, 10 de abril de 2014

VILAVERDIÑO ADORA A POESÍA

NESTA SEMANA RECIBIMOS UNHA CARTA DE VILAVERDIÑO.
ENCÁNTALLE A POESÍA E O LIBRO DE FREDERICK!
IMOS PREPARAR UN RECITADO DE POEMAS PARA EL E PARA O RESTO DAS CLASES DO COLEXIO.
XA VOS FALAREMOS DAS NOSAS POESÍAS. TEMOS UNHA EN 2ºA, OUTRA EN 2ºB E OUTRA MÁIS EN 2ºC. VEREDES QUE BONITAS SON!

viernes, 28 de marzo de 2014

E ESTES DÍAS VISITAMOS O SALÓN DO LIBRO

TIVEMOS A SORTE DE IR AO SALÓN DO LIBRO.
ALÍ VISITAMOS AS SALAS, VIMOS OS TRABALLOS DA EXPOSICIÓN (ONDE ESTABA O NOSO TRABALLO), ESCOITAMOS CONTOS,...

miércoles, 19 de marzo de 2014

VISITA DA POLICÍA

O 14 DE MARZO TIVEMOS VISITA DA POLICÍA. FOI ESTUPENDO! TROUXERON MOTOS E COCHES PATRULLAS. FALÁRONOS DO SEU TRABALLO. CANTO APRENDEMOS! AO MELLOR NUN FUTURO,CANDO SEXAMOS MAIORES, ALGUNHAS NENAS E ALGÚNS NENOS DA CLASE CHEGAREMOS SER POLICÍAS.

viernes, 7 de marzo de 2014

UN DÍA PARA MARCAR NO CALENDARIO

O 8 DE MARZO IMOS MARCALO DE XEITO ESPECIAL. É UNHA DATA PARA REINVIDICAR A IGUALDADE.
NA CLASE LEREMOS UNHAS BIOGRAFÍAS DE MULLERES QUE FORON IMPORTANTES.
DURANTE O RESTO DO MES INVESTIGAREMOS SOBRE ALGUNHA MULLER QUE FIXO CONTRIBUCIÓNS IMPORTANTES NALGÚN CAMPO IMPORTANTE DE ESTUDO.
QUEREDES INVESTIGAR CONNOSCO?
 POLO DE AGORA PODEDES LER E REFLEXIONAR CON ESTA HISTORIA..


sábado, 1 de marzo de 2014

FESTA DO ENTROIDO

ONTE NO COLEXIO CELEBRAMOS O ENTROIDO.
NESTE CURSO A COCIÑA, A COMIDA, A ALIMENTACIÓN, AS ENSALADAS DE CONTOS,... INUNDARON AS NOSAS CLASES... E CLARO... TAMÉN OS NOSOS DISFRACES.
FOMOS DE CAMAREIRAS E CAMAREIROS.



miércoles, 19 de febrero de 2014

E XA CASE CHEGA O ENTROIDO

ESTE ANO COAS COMIDAS, COCIÑANDO CONTOS, E DEMAIS...
DE QUE CREDES QUE IMOS DISFRAZARNOS?

A NOSA MASCOTA XA NOS ESCRIBÍU PARA LEMBRARNOS QUE CHEGA O ENTROIDO E TAMÉN RECIBIMOS DE LORETO UNHA NOVA PÁXINA... SABEDES QUE LEVA NO SEU PETO? LEVA FILLOAS E DISFRACES DE FROITAS.

ASÍ QUE NOS PUXEMOS MAN Á OBRA!... ESTAMOS TENTANDO FACER O NOSO DISFRACE E Á VEZ PREPARANDO AS PLUMAS PARA O GALO VILAVERDIÑO.
CANTO TRABALLO!

sábado, 15 de febrero de 2014

UN PROXECTO SOBRE O UNIVERSO

DENDE HAI DÍAS TRABALLAMOS SOBRE O UNIVERSO.
QUE TEN O UNIVERSO?
COMO SON OS ASTROS?
O NOSO PROXECTO VAI MEDRANDO.
TEMOS MOITA INFORMACIÓN E ESTAMOS ELABORANDO O NOSO MURAL DE PROCESO.

viernes, 14 de febrero de 2014

ENSALADAS DE CONTOS

ESTAMOS ELABORANDO ENSALADAS DE CONTOS...
PORQUE DESPOIS IMOS AXUDAR AO RESTO DO COLEXIO A POÑER COMIDAS NOS CONTOS... NON NOS CREDES?
POIS XA VOLO AMOSAREMOS

lunes, 3 de febrero de 2014

A COCIÑAR COS CONTOS!

E AGORA IMOS COCIÑAR COS CONTOS... ESTAMOS PREPARANDO ENSALADAS DE CONTOS E IMOS IMAXINAR QUE COMEN OS PERSONAXES DE CONTOS... VOS QUE CREDES QUE COMERÁN?

UNHA SESIÓN CON RICARDO GÓMEZ NA BIBLIOTECA

COMO XA SABEDES ESTAMOS A LER O LIBRO "EL PERRO QUE BUSCABA ESTRELLAS", POIS O SEU AUTOR, RICARDO GÓMEZ, ESTIVO HOXE FALANDO CONNOSCO NA BIBLIOTECA.
NÓS, DURANTE A SEMANA PASADA FIXEMOS PREVIOS Á LECTURA E ELABORAMOS UN FERMOSO MURAL.

FIXÉMOSLLE AO AUTOR MOITAS PREGUNTAS E PREPARAMOS A LECTURA DO LIBRO...
MIRADE AS FOTOS QUE FIXEMOS.


viernes, 31 de enero de 2014

E TAMÉN FOMOS Á BIBLIOTECA PÚBLICA

FOI UNHA SAÍDA MOI INTERESANTE.
VISITAMOS A BIBLIOTECA PÚBLICA E TIVEMOS ALÍ ACTIVIDADES.
AÍ VAN UNHAS FOTOS:


lunes, 27 de enero de 2014

E HOXE FIXEMOS UNHA SAÍDA ESTUPENDA

HOXE FOMOS VER UNHA OBRA DE TEATRO.

UN NOVO PROXECTO COMEZA A SÚA ANDAINA NAS CLASES

O UNIVERSO...
QUE TERÁ O UNIVERSO?
ESTAMOS COMEZANDO A AVERIGUAR QUE SABEMOS DISO

DESPOIS INVESTIGAREMOS AO REDOR DAS DÚBIDAS QUE TEÑAMOS... AXUDÁDESNOS?

A LOITA CONTRA O ACOSO ESCOLAR VAI SER O TEMA DO DÍA DA PAZ ESTE ANO

DENDE AS NOSAS CLASES QUEREMOS LOITAR CONTRA O ACOSO.
NON É UNHA BROMA INSULTAR, APARTAR ÁS COMPAÑEIRAS E AOS COMPAÑEIROS, PEGAR, REXEITAR AS SÚAS COUSAS,...
FALAREMOS DE QUE É ACOSO, DE COMO SE COMBATE...
E IREMOS AO PATIO O DÍA 30 CUN CARTEL CHEO DE MANS PARA BORRAR O ACOSO PARA SEMPRE.

lunes, 20 de enero de 2014

LORETO VISITA A NOSA CLASE

LORETO, UNHA MULLER CUN ABRIGO CHEO DE PETOS, VISITA A NOSA CLASE DENDE HAI UNHAS SEMANAS.
NOS SEUS PETOS LEVA MOITAS COUSAS, TANTAS QUE CASE NON SE PODE CRER QUE POIDA CON ELAS.
QUE MÁIS TRAERÁ?