OLA!. XA ESTAMOS EN 6º!



AS NOSAS MASCOTAS ZOE, BALSI E SALTARÍN DEIXARÁN AQUÍ MOITAS MENSAXES. PODEREMOS VER MOITAS DAS NOSAS ACTIVIDADES DO COLEXIO . TAMÉN VISITAREMOS PÁXINAS MOI INTERESANTES, FOTOS E POÑEREMOS XOGOS PARA PRACTICAR.

-------------------

sábado, 23 de diciembre de 2017

REMATAMOS O TRIMESTRE

E REMATAMOS CUNHA CHOCOLATADA E COA VISITA DO APALPADOR
NÓS AXUDAMOS REPARTINDO ROSCA E CHOCOLATE E COLABORAMOS NAS CLASES DO ALUMNADO MÁIS PEQUENO
https://photos.app.goo.gl/6d9TzeBLyOVaBrjE3


lunes, 11 de diciembre de 2017

E AGORA TRABALLAMOS SOBRE OS ANIMAIS

INVESTIGAMOS SOBRE ANIMAIS.
MIRAMOS CO MICROSCOPIO E LUPA BINOCULAR ALGUNHAS ESPECIES.
EXPOÑEMOS AS NOSAS INVESTIGACIÓNS

martes, 17 de octubre de 2017

SEGUIMOS TRABALLANDO COS ECOSISTEMAS

INVESTIGAMOS SOBRE O QUE SIGNIFICAN.
TRABALLAMOS NOTICIAS CON ELES RELACIONADAS. vEMOS ECOSISTEMAS EN PERIGO E SERES EN PERIGO DE EXTINCIÓN...
Resultado de imagen de ECOSISTEMAS EN PELIGRO

Resultado de imagen de SERES VIVOS EN PELIGRO DE EXTINCIÓN

lunes, 16 de octubre de 2017

INVESTIGAMOS SOBRE O SAMAÍN

ESTE CURSO ANTÍO PROPÚXONOS INVESTIGAR SOBRE O SAMAÍN... E NISO ESTAMOS.
CAL É A ORIXE DA FESTA?
ONDE XURDÍU?
POR QUE SE CELEBRA?
CANDO?
COMO?
Resultado de imagen de SAMAÍN

ADEMAIS PREPARAMOS CONTOS DE MEDO PARA CONTAR NA BIBLIOTECA E PARTICIPAMOS NA DECORACIÓN DA BIBLIOTECA.
VAI SER UN SAMAÍN MOI ESPECIAL!

jueves, 5 de octubre de 2017

ANTÍO ESTÁ NO COLEXIO

ESTE CURSO TAMÉN VEU ANTÍO AO COLE.
DEIXOUNOS NA CLASE UNHA CARTA PARA QUE INVESTIGUEMOS SOBRE O SAMAÍN..
POR QUE QUERERÁ ESTE ANO QUE CELEBREMOS O SAMAÍN?

O CASO É QUE CADA DÍA APARECE CON ALGO DE DISFRACE... HOXE LEVA SOMBREIRO DE BRUXA. SEGUIRÁ DISFRAZÁNDOSE?


martes, 12 de septiembre de 2017

viernes, 8 de septiembre de 2017

COMEZAMOS O NOSO ÚLTIMO CURSO DE PRIMARIA

O 11 DE SETEMBRO COMEZAMOS AS CLASES.
ESTAMOS XA EN 6º!
TEREMOS MOITAS NOVIDADES QUE XA VOS CONTAREMOS.
QUE FARÍAN AS NOSAS MASCOTAS NO VERÁN? CONTARÁNNOLO?
Resultado de imagen de CARTA

viernes, 23 de junio de 2017

jueves, 22 de junio de 2017

SAÍDAS E ACTIVIDADES

ESTA SEMANA TIVEMOS ALGUNHA SAÍDA MÁIS.

TAMÉN REMATAMOS O NOSO PROXECTO DE CIDADE.

ADEMAIS RECIBIMOS AO ALUMNADO DE 4º QUE O CURSO VINDEIRO OCUPARÁ AS NOSAS AULAS ACTUAIS. CONTÁMOSLLES ALGO DE COMO É QUINTO E DOS MATERIAIS QUE TEMOS.


miércoles, 3 de mayo de 2017

LETRAS GALEGAS 2017

Estamos a traballar sobre o personaxe homenaxeado este ano. Trátase de Carlos Casares.
Dende hai varios días lemos e dramatizamos "As laranxas máis laranxas de todas as laranxas", unha das súas obras.
Imos revisar a biografía do autor .
Resultado de imagen de carlos casares
Ademais achegarémonos a outras obras que nos proporciona a biblioteca.

miércoles, 26 de abril de 2017

A PAZ INTERIOR

Desenvolveuse na biblioteca do centro un obradoiro relacionado coa PAZ  e o traballo en valores dirixido por seis persoas de diferentes nacionalidades e con un mesmo interese: A paz debe comezar no noso interior. Desde aí  pode expandirse a todo o que está ao noso redor: a nosa familia, as nosas amizades, a nosa comunidade, ao noso cole, a nosa cidade...e asi a todo o mundo. Somos "corresponsables" para facer un MUNDO EN PAZ

jueves, 20 de abril de 2017

HOMENAXE A GLORIA FUERTES

Polo día do libro, dende as aulas, participamos na homenaxe a Gloria Fiuertes.
Preparamos o recitado dun dos seus poemas, traballamos sobre a súa biografía e coñecemos a súa obra.
Ademais colaboramos no mural que o centro lle dedica.

martes, 7 de marzo de 2017

LOITAMOS POLA IGUALDADE: 8 DE MARZO

NESTA SEMANA TRABALLAMOS SOBRE A IGUALDADE E O DEREITO QUE TEMOS TODAS E TODOS A ACCEDER Á PROFESIÓN E AO POSTO QUE MÁIS NOS GUSTE.
Imagen relacionada

COÑECEREMOS A MULLERES QUE TRABALLARON EN OCEANOGRAFÍA, PALEONTOLOXÍA, FOTOGRAFÍA,... MULLERES QUE LOITAN POLOS SEUS DEREITOS.

DEBATEREMOS E REFLEXIONAREMOS SOBRE O SIGNIFICADO DA IGUALDADE E A SÚA NECESIDADE NUNHA SOCIEDADE MÁIS XUSTA.

viernes, 3 de marzo de 2017

INICIAMOS UN PROXECTO SOBRE A SAÚDE

UN DEBATE EN AULA E UN ENREIXADO AXÚDANNOS A COMEZAR UN PROXECTO.
FALAMOS DO QUE SABEMOS SOBRE A SAÚDE E OS ASPECTOS QUE NELA INFLÚEN.
Resultado de imagen de SAÚDE

miércoles, 22 de febrero de 2017

DÍA DE ROSALÍA

O 24 DE FEBREIRO É O DÍA DE ROSALÍA.
NO COLEXIO IMOS AGASALLALA CON COPOS DE NEVE NOS QUE RECOLLEREMOS PARTE DA SÚA OBRA.
OS COPOS VAN ESTAR NA BIBLIOTECA.

SAÍDA A CORUÑA

ONTE FIXEMOS UNHA SAÍDA A CORUÑA.
XA VOS CONTAREMOS CON MÁIS DETALLE O ACONTECIDO.
HOXE ANDAMOS CON MOITA TAREFA DANDO OS ÚLTIMOS RETOQUES AO DISFRACE E ÁS COPLAS QUE DEBEMOS REDACTAR PARA CANDO REMATE O XUÍZO A VILAVERDIÑO.
DEIXÁMOSVOS UNHAS FOTOS DA SAÍDA Á CASA DAS CIENCIAS


domingo, 19 de febrero de 2017

VILAVERDIÑO VÉN AO COLEXIO

O GALO VILAVERDIÑO XA VAI VIR AO COLEXIO
DE QUE SE DISFRAZARÁ ESTE ANO?
NÓS IMOS PREPARAR AS COPLAS DO XUÍZO PARA CANDO O XULGUEMOS O DÍA DO ENTROIDO

lunes, 13 de febrero de 2017

FACENDO CAMPOS SEMÁNTICOS

ESCRIBIMOS CAMPOS SEMÁNTICOS E DESPOIS ELABORAMOS CON ELES MÓBILES PARA POÑER NO CORREDOR.
ESTANNOS A QUEDAR MOI CHULOS.

domingo, 5 de febrero de 2017

NOVO RETO EN GRUPO

Hoxe apareceu o taboleiro de cortiza cuberto por papeliños de cores e unha mesa ao lado do encerado ateigada con outros.
Asi que estivemos preparados e preparadas para comezar a clase de matemáticas as profesoras propuxéronos un novo traballo en grupo.
Encántanos traballar un grupo!!
Repartíronos dous folios con dez exercicios e dixeron:
1. Cada compoñente do grupo debe resolver 2 exercicios na súa libreta. Os dous últimos resolveranse en parella.
2. Para a súa realización podedes coller toda a información que precisedes do taboleiro ou da mesa.
3. Cando estean todos os exercicios, teredes que poñelos en común e se non estades de acordo na forma de solucionalos discutiredes ata chegar a un acordo.
4. Ao mesmo tempo que os poñedes en común iredelos facendo cada persoa no seu caderno.
5. Cando terminedes coa información collida do taboleiro e da mesa tedes que facer un mural (que expoñeredes ás vosas compañeiras e aos vosos compañeiros).
6. Cada equipo expoñerá os seus exercicios e a forma na que foron resoltos ao resto do alumnado, que opinará sobre a forma de solucionalos.
7. Todo o alumnado irá plasmando os exercicios no seu caderno.
8. Cada grupo expoñerá a información recollida no seu mural.
9. Comentaremos as similitudes e diferenzas das distintas magnitudes.


Xa temos unha mostra da presentación dos nosos murais
https://youtu.be/pjRLCm_EaTA

viernes, 13 de enero de 2017

NOVAS TEMÁTICAS PARA UN NOVO TRIMESTRE

Sabedes que dende o nacemento da Terra esta pasou por moitas idades?.
Sabedes que o ser humano apareceu despois de moito tempo de existencia do planeta?
Resultado de imagen de edades de la tierra

Dende a aparición do ser humano, podemos falar de...
Resultado de imagen de edades de la historia eje cronologico

Pois imos traballar sobre iso...