OLA!. XA ESTAMOS EN 6º!



AS NOSAS MASCOTAS ZOE, BALSI E SALTARÍN DEIXARÁN AQUÍ MOITAS MENSAXES. PODEREMOS VER MOITAS DAS NOSAS ACTIVIDADES DO COLEXIO . TAMÉN VISITAREMOS PÁXINAS MOI INTERESANTES, FOTOS E POÑEREMOS XOGOS PARA PRACTICAR.

viernes, 22 de junio de 2012

IMOS DE VACACIÓNS!!!

XA É 22 DE XUÑO. AS NENAS E OS NENOS DE INFANTIL DE 5 ANOS IMOS DE VACACIÓNS.
AS MASCOTAS QUEDAN FACENDO FOTOS E O PROFESORADO TRABALLANDO UNS DÍAS MÁIS.
VÉMONOS EN 1º O VINDEIRO CURSO!
BICOS
BO VERÁN
DEIXÁMOSVOS CON ALGUNHAS FOTOS DE GRUPO

NAS AULAS ORGANIZÁRONSE FESTAS PARA DESPEDIR O CURSO. NÓS TIVEMOS A NOSA FESTA NO COMEDOR. ADEMAIS NO PATIO ASISTIMOS Á REPRESENTACIÓN DA OBRA DE TEATRO "O ARCO DA VELLA" COA ACTUACIÓN FANTÁSTICA DO ALUMNADO DE 5 ANOS C. DESPOIS PARTICIPAMOS NO BAILE, ONDE GOZAMOS COAS DANZAS APRENDIDAS NA CLASE CON LOLA.
-

viernes, 15 de junio de 2012

FOMOS VISITAR 1º

FORMANDO PARTE DO PLAN DE ACOLLIDAS FOMOS VISITAR 1º.
O VINDEIRO CURSO PASAREMOS A PRIMARIA... ASÍ QUE FOMOS VER COMO É ISO DE ESTAR EN 1º. LEVAMOS MOITAS PREGUNTAS. VIMOS OS MATERIAIS E A AXENDA.
SABEDES? NON LEVAN MANDILÓN.. É XENIAL!
COMPARTIMOS ASENTO E FIXEMOS UNHA TAREFA CONXUNTA.
LEVÁMOSLLES UN AGASALLO E DÉRONNOS OUTRO MOI BONITO.

OS ANIVERSARIOS DO 3º TRIMESTRE

FELICIDADES A TODAS E A TODOS!

CELEBRAMOS UNHA FESTA DE ANIVERSARIO

jueves, 14 de junio de 2012

AS NOTICIAS DO CURSO

AS NENAS E NENOS DURANTE TODO O CURSO TROUXEMOS SEMANALMENTE UNHA NOTICIA QUE TIÑAMOS QUE EXPLICAR AO RESTO DOS NOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS, REMATABAMOS A ACTIVIDADE FACENDO UN DEBUXO SOBRE O TEMA DA NOTICIA, ENTERÁMONOS DE MOITAS COUSAS QUE PASARON DURANTE ESTE CURSO.


domingo, 10 de junio de 2012

ARETHA FRANKLIN, PIPPI CALZALARGAS E ADELA TURÍN

ALGUNHAS DAS PERSOAS E PERSOAXES QUE TRABALLAMOS NA ÉPOCA EN QUE VIVIU MERCEDES RUIBAL SON: A GRAN CANTANTE DE SOUL ARETHA FRANKLIN, O PERSONAXE PIPPI CREADO POR ASTRID LINDGREN E ARTURO E CLEMENTINA DE ADELA TURÍN. FIXEMOS DEBUXOS E QUEDÁRONNOS ASÍ DE BEN, MIRADE.

viernes, 8 de junio de 2012

LEMOS O LIBRO "BESOS PARA CADA MOMENTO"

LEMOS NA CLASE O LIBRO "BESOS PARA CADA MOMENTO" ESTES DÍAS E TRABALLAMOS ALGUNHAS PALABRAS E IMAXES DEL. HOXE, RELACIONADO CO LIBRO, VEU UN ANIMADOR Á BIBLIOTECA. PASÁMOLO MOI BEN! TAMÉN DEMOS BICOS DIFERENTES, ALGÚN ENORMES E OUTROS MOI BARULLENTOS.

lunes, 4 de junio de 2012

YOYA

A NAI DE MERCEDES RUIBAL: "YOYA" TAMÉN FOI PINTORA A PARTIR DOS SEUS 70 ANOS E FIXO TRES EXPOSICIÓNS. NÓS FIXEMOS UNHA REPRODUCIÓN DUN DOS SEUS CUADROS E TAMÉN NÓS FIXEMOS FOTOS SEUS CADROS QUE TROUXO A PROFE.