OLA!. XA ESTAMOS EN 6º!



AS NOSAS MASCOTAS ZOE, BALSI E SALTARÍN DEIXARÁN AQUÍ MOITAS MENSAXES. PODEREMOS VER MOITAS DAS NOSAS ACTIVIDADES DO COLEXIO . TAMÉN VISITAREMOS PÁXINAS MOI INTERESANTES, FOTOS E POÑEREMOS XOGOS PARA PRACTICAR.

viernes, 22 de mayo de 2015

A ANIMACIÓN LECTORA CANTADA

XA VOS CONTARAMOS NA ENTRADA ANTERIOR QUE IAMOS TER UNHA ANIMACIÓN LECTORA CUN POETA-CANTANTE (HÉCTOR LORENZO).
RESULTOU XENIAL E MESMO APRENDEMOS POEMAS.
DEIXAMOS ALGUNHAS FOTOS...

miércoles, 20 de mayo de 2015

UNHA ANIMACIÓN LECTORA POÉTICA CANTADA

MAÑÁ TEREMOS UNHA ANIMACIÓN LECTORA SOBRE POESÍA, DESPOIS QUE DURANTE TODOS ESTES DÍAS VIMOS TRABALLANDO SOBRE POEMAS.
XA VOS DIREMOS COMO RESULTA, DE MOMENTO DEIXÁMOSVOS CON ESTES ANAQUIÑOS DE POEMAS...

Xa é de día,
vou ao andel
collo un libro,
póñome a ler.

Dunha aventura
vou gozar
na miña casa
sen me ausentar.



Papá ten uns zapatos
nos que viven 
cinco ratos:
Ao primeiro,
que é un larpeiro
atragóeselle
o queixo.
 Ao segundo,
do Facundo,
moito lle gusta
andar polo mundo
.......
Héctor Lorenzo 

miércoles, 13 de mayo de 2015

POESÍA PARA O CERTAME E LETRAS GALEGAS

DENDE HAI VARIOS DÍAS ELABORAMOS A NOSA POESÍA PARA O CERTAME QUE SE CELEBRA NO COLEXIO.
ESTE CERTAME ESTÁ RELACIONADO CO DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

 ESTE ANO DEDÍCASE A FILGUEIRA VALVERDE, QUE RA PONTEVEDRÉS.
TRABALLAMOS AO REDOR DA SÚA BIOGRAFÍA E DA SÚA OBRA.

domingo, 10 de mayo de 2015

EDUCACIÓN VIARIA

ENTRE O 4 E O 10 DE MAIO CELÉBRASE O DÍA MUNDIAL DA EDUCACIÓN VIARIA. ESTE ANO DEDÍCASE Á SEGURIDADE DE NENAS E NENOS.
O COLEXIO COLABORA CON ESTE EVENTO E TIVEMOS UNS OBRADOIROS, CHARLAS E PRÁCTICAS MOI INTERESANTES NO COLEXIO.
NÓS PARTICIPAMOS.
FOI MOI DIVERTIDO E EDUCATIVO.
GRAZAS A TODAS AS PERSOAS QUE COLABORARON!

miércoles, 6 de mayo de 2015

AXUDANDO A LAMPI COA PRENSA

LAMPI PEDIUNOS UNHA NOTICIA DE PRENSA.
EN EQUIPOS PUXÉMONOS A SELECCIONALA E RESUMILA NUNHA PIRAMIDE.
REMITIRÉMOSLLA Á LAMPI Á BIBLIOTECA CUNHA CARTA.
AGORA TENAS NA BIBLIOTECA... QUE FARÁ CON ELAS?