OLA!. XA ESTAMOS EN 5º!



AS NOSAS MASCOTAS ZOE, BALSI E SALTARÍN DEIXARÁN AQUÍ MOITAS MENSAXES. PODEREMOS VER MOITAS DAS NOSAS ACTIVIDADES DO COLEXIO . TAMÉN VISITAREMOS PÁXINAS MOI INTERESANTES, FOTOS E POÑEREMOS XOGOS PARA PRACTICAR.

miércoles, 3 de noviembre de 2010

SOMOS BOTÁNICAS E BOTÁNICOS

AS MASCOTAS REMITÍRONOS UNHA CARTA CONVIDÁNDONOS A SER CIENTÍFICAS E CIENTÍFICOS E INVESTIGAR SOBRE O CASTIÑEIRO. NISO ESTAMOS AGORA.

MASCOTILANDIA, 1 DE NOVEMBRO DE 2010

OLA OUTRA VEZ!
EN MASCOTILANDIA GÚSTANOS A CIENCIA. QUEREMOS SER MASCOTAS CIENTÍFICAS.
HAI UNHA CIENCIA QUE ESTUDA AS PLANTAS. SABEDES COMO SE CHAMA? CHÁMASE BOTÁNICA.
SABEDES COMO SE CHAMAN AS PERSOAS CIENTÍFICAS QUE ESTUDAN AS PLANTAS? CHÁMANSE BOTÁNICAS E BOTÁNICOS.
POR QUE NON XOGADES A SER BOTÁNICAS E BOTÁNICOS E INVESTIGADES SOBRE UNHA PLANTA QUE TEÑA QUE VER CO MAGOSTO?
SABEDES QUE PLANTA É?
É O CASTIÑEIRO.
FACEDE DESPOIS UM MURAL CO QUE INVESTIGUEDES,
MOITOS BICOS. TANTOS COMO CASTAÑAS NO MAGOSTO

A MASCOTA

1 comentario:

  1. me encantará ver lo que dice la niña de este trabajo, sois geniales

    ResponderEliminar